A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 2 de xuño de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 7779 (10/PNC-000814)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiros Guinarte, Silvestre José e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa creación dun fondo forestal nacional co fin de incentivar as externalidades positivas dos montes ordenados, así como a regulación do seu funcionamento
BOPG n.º 100, do 19.04.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 8 votos a favor, 2 votos en contra e 1 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:
. Crear un FONDO FORESTAL NACIONAL, co obxecto de incentivar as externalidades positivas dos montes ordenados, cos seguintes obxectivos:
- A compensación ós titulares de montes que cunha xestión sostible xeran servizos medioambientais dos que disfruta a sociedade en xeral.
- A ampliación da superficie forestal que xera os devanditos servizos, ben por reforestación ou ben por implantación de xestión forestal sostible sobre masas persistentes.
- A protección das masas forestais xeradoras de servizos ambientais fronte ós factores que as ameazan singularmente a adaptación do cambio climático.
- Potenciar o efecto sumidoiro dos nosos montes.
. Regular o funcionamento do FONDO FORESTAL NACIONAL, que garantizará a participación das Comunidades Autónomas e establecerá a orixe das contribucións ó Fondo, máis concretamente en:
- A porcentaxe que regulamentariamente se determine da subhasta de dereitos de emisión.
- As taxas que deberían aboar as empresas de abastecemento e depuración de augas e as compañías de distribución de combustibles fósiles polos servizos que o monte lles presta.
- A cantidade que se asigne nos Presupostos Xerais do Estado”.