Sanmtiago, 12 de xuño de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu hoxe na Cámara a alumnado de ESO dos centros Padre Feijóo-Zorelle, de Ourense, e do Sagrado Corazón do Carballiño, gañadores do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia, convocado pola Deputación de Ourense nas modalidades de debuxo e redacción escolar.
Durante o encontro, Miguel Santalices explicou aos escolares a historia e o funcionamento da institución e respondeu ás preguntas formuladas polo alumnado.
A visita ao Parlamento, xunto con outras actividades de carácter cultural, era un dos premios contemplados nas bases da convocatoria.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.