A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 20 de marzo de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de marzo de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre o Proxecto de lei pola que se modifica a lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (10/PL-000009, doc. núm. 21473)
Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 270, do 05.03.2018
Punto 2. Comparecencias
26035 (10/CPP-000046)
Da Sra. conselleira do Mar, por petición propia, para dar conta da evolución da comercialización de produtos do mar en Galicia e das propostas cara ao futuro para a súa mellora
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260, do 14.02.2018
Punto 3. Mocións
3.1 27642 (10/MOC-000076)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central para o cumprimento dos acordos parlamentarios referidos á AP-9. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 22216, publicada no BOPG 236, do 10.01.2018, e debatida na sesión plenaria do 06.03.2018)
3.2 27649 (10/MOC-000077)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Cal Ogando, Marcos
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de violencia de xénero e igualdade. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 20572, publicada no BOPG 219, do 29.11.2017, e debatida na sesión plenaria do 06.03.2018)
3.3 27650 (10/MOC-000078)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para acadar a igualdade entre homes e mulleres nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a investigación e a innovación. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 26272, publicada no BOPG 264, do 21.02.2018, e debatida na sesión plenaria do 06.03.2018)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 18700 (10/PNP-001381)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 5 máis
Sobre a realización de xestións pola Xunta de Galicia diante dos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados co fin de que contribúan a facilitar a tramitación, o debate e a aprobación dos orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 dentro do prazo establecido
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 194, do 17.10.2017
4.2 24165 (10/PNP-001746)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa lexislación vixente en materia laboral e a protección do sistema público de pensións
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 31.01.2018
4.3 25993 (10/PNP-001832)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central para evitar os desafiuzamentos e garantir o dereito a unha vivenda digna
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
4.4 26295 (10/PNP-001867)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir a necesaria transparencia na contratación pública autonómica, nomeadamente no referido aos contratos menores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
4.5 26821 (10/PNP-001896)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central, así como aos concellos galegos a través da Fegamp, en relación coa devolución do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana indebidamente cobrado
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
4.6 27000 (10/PNP-001911)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa execución dos tramos pendentes da vía de alta capacidade Costa Norte
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
4.7 27014 (10/PNP-001915)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego das accións legais oportunas para a devolución ao patrimonio público do pazo de Meirás e doutros bens pola actual familia propietaria, así como a actuación que debe levar a cabo en relación co anuncio de venda do pazo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
4.8 27161 (10/PNP-001929)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o deseño e traslado ao Parlamento de Galicia dun novo Plan forestal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
Punto 5. Interpelacións
5.1 26404 (10/INT-000852)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Cal Ogando, Marcos
Sobre a política do Goberno galego en materia de igualdade, conciliación e corresponsabilidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 267, do 27.02.2018
5.2 27038 (10/INT-000870)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 4 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co número de prazas de acceso á titulación de Medicina
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
5.3 27145 (10/INT-000878)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel e 13 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación co impacto do actual modelo de revalorización das pensións contributivas no poder adquisitivo das persoas pensionistas de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 27786 (10/POPX-000079)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia diante das reclamacións sociais contra a discriminación das mulleres, as baixas pensións ou os recortes na xustiza
6.2 27787 (10/POPX-000080)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a dispoñibilidade polo Goberno galego de políticas públicas á altura do que merecen as persoas maiores
6.3 27789 (10/POPX-000081)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para atender as reclamacións da cidadanía galega, expresadas nas rúas durante as últimas semanas
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 24210 (10/POP-002925)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre a posición que vai adoptar a Xunta de Galicia en relación coas reivindicacións laborais do persoal da Administración de xustiza, despois da ruptura das negociacións co Comité de folga e tendo en conta o acordo parlamentario ao respecto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 251, do 01.02.2018
7.2 27753 (10/PUP-000153)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 4 máis
Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto da implantación de medidas eficaces para contrarrestar todas as desigualdades denunciadas polas mulleres galegas nas manifestacións do 8 de marzo de 2018
7.3 26127 (10/POP-003105)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para a licitación do proxecto de dragaxe e rexeneración do fondo da ría de Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
7.4 26804 (10/POP-003185)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e 2 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Calidade Ambiental en relación coas verteduras producidas nunha das balsas da mina existente nos concellos de Touro e do Pino
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268, do 28.02.2018
7.5 24021 (10/POP-002909)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto das conclusións e resultados do encontro levado a cabo en León, o día 18 de xaneiro de 2018, polas comunidades autónomas de Galicia, Asturias e Castela León en materia educativa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 251, do 01.02.2018
7.6 26967 (10/PUP-000151)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as razóns da contratación, a través dun procedemento negociado sen publicidade, dun programa de actividades para a promoción do evento Xacobeo 2021 por importe de case tres millóns de euros (IVE incluído)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268, do 28.02.2018
7.7 23557 (10/POP-002874)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo ou previstas polo Goberno galego para mellorar o servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
7.8 27774 (10/PUP-000155)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre o prazo previsto pola Xunta de Galicia para a dotación dos medios humanos e materiais suficientes ao Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
7.9 27095 (10/POP-003221)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre a valoración do Goberno galego en relación coa implantación e o funcionamento das casas niño como recurso de conciliación nos núcleos rurais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
7.10 27773 (10/PUP-000154)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da aprobación, antes da Semana Santa, do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente