A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 23 de marzo de 2018, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 24117 (10/PNC-001906)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co disposto no artigo 19 da Lei de transparencia e bo goberno
BOPG n.º 251, do 01.02.2018
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a dar cumprimento do establecido no artigo 19 da Lei de transparencia e bo goberno."