A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 25 de marzo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 28376 (11/PNC-002584)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pardo López, Adrián e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para continuar fomentando os plans para a incorporación dos mozos e das mozas ás actividades agrogandeiras
BOPG n.º 264, do 26.01.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar fomentando e desenvolvendo plans para a incorporación dos mozos e mozas ás actividades agrodandeiras."