A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de febreiro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de febreiro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:
| Punto 1. | Solicitude de creación dunha comisión de investigación 
 Proposta polas 19 deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a tramitación da autorización de parques eólicos por parte da Xunta de Galicia e nomeadamente sobre os plans industriais e as monetarizacións dos parques eólicos adxudicados no concurso eólico de 2010 (doc. núm. 48941, 11/SCI-000007) | 
| Publicación da solicitude de creación, BOPG n.º 451, do 09.02.2023 | |
| Punto 2. | Comparecencia | 
| 49767 (11/CPP-000117) | |
| Do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, por petición propia, para informar sobre a situación e perspectivas do desenvolvemento eólico en Galicia | |
| Punto 3. | Mocións | 
| 3.1 | 49613 (11/MOC-000138) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Prado Cores, María Montserrat | |
| Sobre a atención primaria no sistema sanitario público galego (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 46698, publicada no BOPG núm. 447, do 2 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de febreiro de 2023) | |
| 3.2 | 49687 (11/MOC-000140) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Seco García, Martín | |
| Sobre as axudas para os produtores agrogandeiros en ecolóxico (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 44916, publicada no BOPG núm. 447, do 2 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de febreiro de 2023) | |
| 3.3 | 49689 (11/MOC-000141) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Rivas Cruz, Xosé Luís | |
| Sobre as axudas á agricultura ecolóxica (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 44622, publicada no BOPG núm. 447, do 2 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de febreiro de 2023) | |
| 3.4 | 49692 (11/MOC-000142) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Díaz Varela, Noa Susana | |
| Sobre os dereitos sexuais e reprodutivos da muller (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 47324, publicada no BOPG núm. 441, do 25 de xaneiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de febreiro de 2023) | |
| Punto 4. | Proposicións non de lei | 
4.1 17581 (11/PNP-001725)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para rematar a vía de alta capacidade da costa norte Ferrol-San Cibrao
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162, do 29.06.2021
4.2 44473 (11/PNP-003785)
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Ojea Arias, Eduardo e Otero Rodríguez, Patricia | |
| Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para executar todos os orzamentos que ten propios e procedentes do Plan estatal de acceso á vivenda 2022-2025 e dos fondos europeos para a construción de vivendas destinadas ao alugueiro | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 418, do 07.12.2022 | |
| 4.3 | 48602 (11/PNP-004022) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Rodil Fernández, Olalla e Presas Bergantiños, Noa | |
| Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para elaborar un protocolo de prevención e intervención fronte a agresións e abusos sexuais no ocio nocturno | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023 | |
| 4.4 | 48659 (11/PNP-004029) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 2 máis | |
| Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para resolver os procesos selectivos das ofertas públicas de emprego dos exercicios 2018 e 2019 | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023 | |
| 4.5 | 48809 (11/PNP-004039) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis | |
| Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para elaborar un plan galego fronte ás condutas adictivas | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023 | |
| 4.6 | 49281 (11/PNP-004066) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Egerique Mosquera, Teresa e 13 máis | |
| Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que as actividades de percebeiros e bateeiros se desenvolvan de xeito coordinado e en igualdade de condicións | |
| Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 450, do 08.02.2023 | |
| Punto 5. | Interpelacións | 
| 5.1 | 41573 (11/INT-002022) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio | |
| Sobre a política en relación co impulso demográfico | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022 | |
| 5.2 | 47608 (11/INT-002298) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Queixas Zas, Mercedes e 2 máis | |
| Sobre o fomento da lingua galega | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 25.01.2023 | |
| 5.3 | 49002 (11/INT-002350) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Prado Cores, María Montserrat e 2 máis | |
| Sobre as listas de agarda non estruturais do Servizo Galego de Saúde | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023 | |
| Punto 6. | Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia | 
| 6.1 | 49754 (11/POPX-000095) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Álvarez Martínez, Luis Manuel | |
| Sobre que medidas vai tomar o Goberno galego diante da reacción social polo deterioro dos servizos públicos | |
| 6.2 | 49755 (11/POPX-000096) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pontón Mondelo, Ana | |
| Sobre as intencións de rectificación da política sanitaria do Goberno galego | |
| Punto 7. | Preguntas ao Goberno 
 | 
| 7.1 | 49679 (11/PUP-000303) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Nóvoa Iglesias, Marta e 7 máis | |
| Sobre a valoración por parte do Goberno galego da xestión dos fondos europeos realizada polo Goberno de España 
 | |
| 7.2 | 46269 (11/POP-007004) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín | |
| Sobre as previsións do Goberno galego respecto do restablecemento do servizo de mantemento co que durante seis meses apoiaba os concellos pertencentes ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023 
 | |
| 7.3 | 48100 (11/POP-007389) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis | |
| Sobre as previsións do Goberno galego para iniciar, no ano 2023, os trámites para a construción do tramo da autovía da Costa da Morte que vai de Baio a Berdoias | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 01.02.2023 
 | |
| 7.4 | 49697 (11/PUP-000304) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pérez Fernández, Rosana | |
| Sobre o cumprimento da lei relativa á autorización de verteduras industriais e á actividade mineira no caso das instalacións de San Finx, no concello de Lousame 
 | |
| 7.5 | 49743 (11/PUP-000305) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Arangüena Fernández, Pablo e 2 máis | |
| Sobre o risco para o marisqueo da ría de muros e Noia que supón a autorización de vertido da mina de San Finx en Lousame 
 | |
| 7.6 | 48272 (11/POP-007431) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis | |
| Sobre o investimento para facilitar a conciliación das familias | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 01.02.2023 | |
| 7.7 | 45696 (11/POP-006780) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis | |
| Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do establecemento dun plan específico para dotar de persoal a atención primaria na zona sur de Lugo | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023 | |
| 7.8 | 47379 (11/POP-007251) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Amigo Díaz, María Encarnación e 9 máis | |
| Sobre as obras de reforma proxectadas polo Goberno galego no Centro de Saúde da Milagrosa, na cidade de Lugo | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 442, do 26.01.2023 | |
| 7.9 | 48036 (11/POP-007346) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Castro García, Daniel e 2 máis | |
| Sobre as previsións da Xunta de Galicia de cubrir todas as baixas e vacacións da atención primaria da comarca da Mariña | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 01.02.2023 | |
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2023
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente