A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 28 de maio de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 21 de maio de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:
| Punto 1. | Comparecencia | 
| 1.1 | 1851 (12/CPP-000001) | 
| Do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
| Punto 2. | Mocións | 
| 2.1 | 2649 (12/MOC-000002) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Fernández Gómez, Alexandra | |
| Sobre as estratexias para afrontar a actual crise de acceso á vivenda (Moción consecuencia da Interpelación nº 908, publicada no BOPG nº 10, do 12.04.2024, e debatida na sesión plenaria do 23 de abril de 2024) | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024 | |
| 2.2 | 4074 (12/MOC-000004) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Presas Bergantiños, Noa Olalla | |
| Sobre a evolución da violencia machista en Galicia e as políticas que cómpre desenvolver neste ámbito (Moción consecuencia da Interpelación nº 829, publicada no BOPG núm. 10 f1, do 12 de abril de 2024, e debatida na sesión plenaria do 14 de maio de 2024.) | |
| 2.3 | 4096 (12/MOC-000005) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Longueira Castro, Silvia | |
| Sobre a xestión das políticas de axuda á xente nova no seu acceso á vivenda (Moción consecuencia da Interpelación nº 2116, publicada no BOPG núm. 20 f1, do 2 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do 14 de maio de 2024.) | |
| 2.4 | 4118 (12/MOC-000006) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pérez Fernández, Rosana | |
| Moción sobre a política de impulso de estratexias para a mellora e preservación dos niveis de produtividade marisqueira nas rías galegas (Moción consecuencia da Interpelación nº 2271, publicada no BOPG núm. 20 f1, do 2 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do 14 de maio de 2024.) | |
| Punto 3. | Proposicións non de lei | 
| 3.1 | 512 (12/PNP-000029) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis | |
| Sobre a demanda que debe dirixir a Xunta de Galicia ao Goberno central co fin de que axilice a normativa estatal derivada da Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024 | |
| 3.2 | 707 (12/PNP-000061) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Trenor López, Gonzalo e 8 máis | |
| Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central para que cumpra os seus compromisos en materia de conectividade e de cobertura territorial das redes de telecomunicacións | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024 | |
| 3.3 | 1260 (12/PNP-000132) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Rodil Fernández, Olalla e Fernández González, Ariadna | |
| Sobre as medidas que ten que adoptar a Xunta de Galicia co obxectivo de reducir os tempos de agarda na tramitación da dependencia | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
| 3.4 | 1664 (12/PNP-000184) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara | |
| Sobre a demanda ao Goberno galego da aprobación do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) de forma participativa e consensuada | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 16f1, do 24.04.2024 | |
| 3.5 | 2474 (12/PNP-000289) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Suárez Fernández, Iago e Prado Cores, María Montserrat | |
| Sobre as actuacións que debe impulsar o Goberno galego dentro da política de atención á saúde mental na mocidade | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024 | |
| 3.6 | 3639 (12/PNP-000400) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara | |
| Sobre a normativa que debe impulsar a Xunta de Galicia e as reclamacións que debe dirixir ao Goberno central co obxecto de conseguir un desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia que respecte a integración medioambiental | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024 | |
| Punto 4. | Interpelacións | 
| 4.1 | 1475 (12/INT-000077) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Taibo Corsanego, Iria e Bará Torres, Xosé Luís | |
| Sobre o fomento dos vínculos coa lusofonía | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
| 4.2 | 3449 (12/INT-000233) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Prado Cores, María Montserrat e Carreira Pazos, Iria | |
| Sobre os servizos sanitarios prestados polo Sergas con medios alleos e a transparencia na súa contratación | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024 | |
| 4.3 | 3468 (12/INT-000235) | 
| Grupo Parlamentario Mixto | |
| Ojea Bouzo, Armando | |
| Sobre a planificación da creación de solo empresarial nesta lexislatura | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024 | |
| Punto 5. | Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta | 
| 5.1 | 4318 (12/POPX-000005) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Gómez Besteiro, José Ramón | |
| Sobre a perspectiva que ten o Goberno galego do papel que Galicia debe representar en Europa | |
| 5.2 | 4325 (12/POPX-000006) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pontón Mondelo, Ana Belén | |
| Sobre as razóns do Goberno galego para admitir a colocación no corazón de Galicia dunha macroinstalación de produción de celulosa | |
| Punto 6. | Preguntas ao Goberno 
 | 
| 6.1 | 4253 (12/PUP-000017) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| López Font, Carlos | |
| Sobre a eventual solicitude da convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias realizada polo Goberno galego 
 | |
| 6.2 | 4281 (12/PUP-000018) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Prado del Río, Paula e 9 máis | |
| Sobre o incremento da criminalidade en Galicia no primeiro trimestre do ano, segundo os datos contabilizados polo Ministerio do Interior 
 | |
| 6.3 | 2011 (12/POP-000317) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Méndez López, Lara e 2 máis | |
| Sobre a adecuación á realidade actual do Decreto 222/2011, no que se establece un número mínimo de alumnado matriculado como criterio para asegurar a viabilidade dos graos universitarios | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 17f1, do 25.04.2024 
 | |
| 6.4 | 3045 (12/POP-000453) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis | |
| Sobre as dúbidas respecto da consolidación do proxecto da empresa de pneumáticos Sentury Tire Spain S. L. U. nas Pontes de García Rodríguez | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 25f1, do 16.05.2024 
 | |
| 6.5 | 2076 (12/POP-000326) | 
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos | |
| Sobre a eventual solicitude da Xunta de Galicia ao Goberno central da finalización do proxecto de construción da vía peonil pola costa entre Marín e Pontevedra con alternativas que respecten a nova lexislación vixente | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 17f1, do 25.04.2024 
 | |
| 6.6 | 3173 (12/POP-000515) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| García Comesaña, Julio e 6 máis | |
| Sobre as consecuencias que terá para Vigo e a súa comarca o peche do aeroporto de Peinador | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f2, do 08.05.2024 | |
| 
 6.7 | 
 519 (12/POP-000018) | 
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis | |
| Sobre a inclusión de novas vacinas no Calendario de vacinación ao longo de toda a vida | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10f1, do 12.04.2024 | |
| 6.8 | 2618 (12/POP-000404) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pérez Fernández, Rosana e Prado Cores, María Montserrat | |
| Sobre a situación do Centro de Saúde de Ribeira no relativo á súa dotación de persoal médico | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f2, do 08.05.2024 | |
| 6.9 | 4304 (12/PUP-000019) | 
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Fernández Davila, María Cristina | |
| Sobre a situación da asistencia sanitaria nos centros de saúde e no PAC da comarca do Condado-A Paradanta | 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente