saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 30 de maio de 2024

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 30 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 1778 (12/PNC-000214)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia da aprobación neste ano 2024 dun plan de cirurxía menor para o ámbito da atención primaria

BOPG n.º 16f2, do 24.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a aprobar neste ano 2024 un plan de cirurxía menor en atención primaria, que desenvolva a necesaria formación ao persoal sanitario e fixe protocolos estandarizados para que, xunto coa dotación de novo equipamento tecnolóxico, se potencie a resolución neste nivel asistencial de intervencións cirúrxicas sinxelas".

 

- 3476 (12/PNC-000443)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 7 máis

Sobre a acción que debe seguir impulsando o Goberno galego en materia de apoio ao emprendemento empresarial e laboral

BOPG n.º 24f2, do 15.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar impulsando un ecosistema de apoio ao emprendemento no que están implicados todos os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para o inicio dunha nova actividade empresarial.

Así mesmo, que se impulsen os Polos de Emprendemento como canalizadores do relevo xeracional e como instrumento de asesoramento de emigrantes que queiran iniciarse por conta propia, ademais de poñer en funcionamento aqueles polos que se atopan inactivos".

 

 

Aprobación con modificacións

 

- 2775 (12/PNC-000352)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Castro García, Daniel e Insua Lema, Óscar

Sobre as actuacións que o Goberno galego debe impulsar co fin de mellorar a dotación de facultativos do Hospital de Monforte de Lemos, especialmente no que atinxe á especialidade de psiquiatría

BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024

 

Sométese a votación separada por puntos:

Punto 1.º: Resulta aprobado pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

Puntos 2º e 3º: Resultan rexeitados por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

 

Repor no menor tempo posible a asistencia psiquiátrica en Monforte de Lemos".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina