A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 25 de marzo de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de marzo de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
| 1.1. | Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre o Proxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia (doc. núm. 15321, 12/PL-000007). |
| Publicación do Ditame da comisión e do mantemento de emendas, BOPG nº 174, do 18.03.2025 | |
| 1.2 | Debate de toma en consideración da Proposición de lei orgánica, para presentar ante o Congreso dos Deputados, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de transferencia a Galicia dos servizos meteorolóxicos radicados en Galicia (doc. núm. 14045, 12/PPLC-000003) |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 113, do 06.11.2024 | |
| Punto 2. | Comparecencias |
| 2.1 | 3936 (12/CPP-000010) |
| Do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28f1, do 22.05.2024 | |
| 2.2 | 21907 (12/CPP-000039) |
| Da conselleira de Economía e Industria, por petición propia, para informar sobre a situación dos proxectos industriais estratéxicos na nosa Comunidade | |
| Punto 3. | Mocións |
| 3.1 | 21766 (12/MOC-000053) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Prado Cores, María Montserrat | |
| Sobre os concertos sanitarios como mecanismo do modelo de sanidade pública (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 1137, publicada no BOPG núm. 10f1, do 12 de abril de 2024, e debatida na sesión plenaria do 11 de marzo de 2025) | |
| 3.2 | 21824 (12/MOC-000054) |
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| López Font, Carlos | |
| Sobre a xestión das políticas de vivenda por parte da Xunta de Galicia, especialmente das dirixidas á mocidade (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 20084, publicada no BOPG núm. 159f2, do 19 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 11 de marzo de 2025.) | |
| 3.3 | 21832 (12/MOC-000055) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Ríos Santomé, Paulo | |
| Sobre os resultados que está a ter o último plan do Goberno galego de transporte público por estrada e o grao de cumprimento dos contratos por parte das empresas concesionarias (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 19844, publicada no BOPG núm. 159f2, do 19 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 11 de marzo de 2025) | |
| Punto 4. | Proposicións non de lei |
| 4.1 | 2945 (12/PNP-000332) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Pomar Tojo, Carmen María e 3 máis | |
| Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa autoestrada AP-9 | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024 | |
| 4.2 | 11056 (12/PNP-000917) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis | |
| Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que atenda as solicitudes de información e reunión realizadas polo executivo galego en relación coa autoestrada AP-9 | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 19.09.2024 | |
| 4.3 | 19448 (12/PNP-001536) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pérez Fernández, Rosana e 2 máis | |
| Sobre as actuacións que o Goberno galego debe levar a cabo ante o impacto ambiental, económico e social que supoñería a reapertura da mina de Touro | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f1, do 12.02.2025 | |
| 4.4 | 19556 (12/PNP-001551) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis | |
| Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego ante o crecemento descontrolado de pisos turísticos | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f1, do 12.02.2025 | |
| 4.5 | 20584 (12/PNP-001652) |
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia | |
| Sobre as medidas que o Goberno galego debe pór en marcha dirixidas a promover as boas condutas e previr a violencia no deporte | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162f1, do 26.02.2025 | |
| 4.6 | 20941 (12/PNP-001682) |
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Gómez Besteiro, José Ramón e 2 máis | |
| Sobre a demanda á Xunta de Galicia co obxecto de que se acolla á quitación da débeda ofrecida polo Goberno central nas negociacións de financiamento autonómico | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 167f1, do 05.03.2025 | |
| Punto 5. | Interpelacións |
| 5.1 | 1280 (12/INT-000059) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Rodil Fernández, Olalla e 2 máis | |
| Sobre o tratamento en réxime residencial das persoas con doenzas psiquiátricas | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
| 5.2 | 18909 (12/INT-000755) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Carreira Pazos, Iria e Prado Cores, María Montserrat | |
| Sobre a situación das listas de espera hospitalarias do Servizo Galego de Saúde | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f2, do 06.02.2025 | |
| 5.3 | 21036 (12/INT-000851) |
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena | |
| Sobre as previsións do Goberno galego respecto do desenvolvemento do plan estratéxico que dispón a Lei de servizos sociais de Galicia | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 171f1, do 12.03.2025 | |
| Punto 6. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
| 6.1 | 21905 (12/POPX-000037) |
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Gómez Besteiro, José Ramón | |
| Sobre o grao de transparencia, normalidade e legalidade da tramitación dos procedementos relacionados coa implantación do proxecto industrial de Altri | |
| 6.2 | 21906 (12/POPX-000038) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pontón Mondelo, Ana Belén | |
| Sobre a instalación en Galicia da planta macrocelulosa de Altri que non quere Portugal | |
| Punto 7. | Preguntas ao Goberno
|
| 7.1 | 21889 (12/PUP-000096) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Valcárcel Armesto, Montserrat | |
| Sobre a valoración realizada pola Xunta de Galicia respecto da solicitude de captación de auga no encoro de Portodemouros prevista no Proxecto Gama | |
| 7.2 | 16166 (12/POP-002377) |
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Abalde Alonso, Julio Ernesto e Longueira Castro, Silvia | |
| Sobre as demandas de profesorado de apoio manifestadas pola ANPA do CPI Castro Baxoi, de Miño | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140f1, do 16.01.2025
| |
| 7.3 | 20731 (12/POP-003171) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Ruanova Vilas-Boas, Brais e Fernández Davila, María Cristina | |
| Sobre a cobertura da praza vacante de conserxaría no IES San Paio, de Tui | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 167f2, do 05.03.2025
| |
| 7.4 | 21890 (12/PUP-000097) |
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Longueira Castro, Silvia e Abalde Alonso, Julio Ernesto | |
Sobre as sentenzas que acaban de recoñecer o dereito das nenas e dos nenos galegos ao acceso ás axudas educativas no ámbito da educación inclusiva
| |
| 7.5 | 21305 (12/POP-003253) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 2 máis | |
| Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia ante o anuncio de peche da Escola Infantil A Casiña, situada no barrio ourensán das Lagoas | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 171f1, do 12.03.2025
| |
| 7.6 | 19096 (12/POP-002944) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Deza Martínez, María e 8 máis | |
| Sobre as medidas de concesión de avais á compra de vivenda postas en marcha polo Goberno central e que terán que xestionar as comunidades autónomas | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f4, do 12.02.2025
| |
| 7.7 | 21250 (12/POP-003244) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Grueira Fernández, Nicole e 9 máis | |
| Sobre as medidas que está a pór en marcha a Xunta de Galicia destinadas a facilitarlle á xente nova o acceso á vivenda | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 171f1, do 12.03.2025 | |
| 7.8 | 17776 (12/POP-002795) |
| Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
| Méndez López, Lara e 2 máis | |
| Sobre as previsións da Xunta de Galicia no que concirne á redución das listas de espera para consultas no Hospital Público da Mariña | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 148f1, do 30.01.2025 | |
| 7.9 | 18357 (12/POP-002870) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis | |
| Sobre o balance dos plans locais de saúde | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f2, do 06.02.2025 |
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente