A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 19 de marzo de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 19026 (12/PNC-001745)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes respecto da creación en Galicia de novas prazas de xuíces
BOPG n.º 156f2, do 12.02.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes atender as necesidades existentes na nosa comunidade, que foron consensuadas na Comisión Mixta de Xustiza, e proceda á creación de novas prazas de xuíces, e entre elas de maneira urxente de violencia sobre a muller, á vista do incremento das competencias conforme ao disposto na Lei Orgánica 1/25 neste tipo de xulgados."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 19021 (12/PNC-001744)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, como titular dos libros dos rexistros civís, para que financie os traballos de dixitalización pendentes
BOPG n.º 156f2, do 12.02.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes que, como titular dos libros dos rexistros civís, financie os traballos de dixitalización aínda pendentes."