saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada o 19 de marzo de 2025

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 19 de marzo de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 20139 (12/PNC-001877)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Conde, Ángel e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego da continuidade do programa de titorización dirixido a novos labregos e labregas para a transición xeracional

BOPG n.º 162f1, do 26.02.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir implementando o Programa de titorización para novos labregos e labregas, garantindo unha transición xeracional sólida e asegurando o futuro do noso rural."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 19788 (12/PNC-001829)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Conde, Ángel e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego da continuidade das accións preventivas contra os incendios forestais nas comunidades de montes en man común do Distrito Forestal XIX, Caldas-O Salnés, ao abeiro do plan de prevención da Consellería do Medio Rural

BOPG n.º 159f1, do 19.02.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar realizando actuacións preventivas nas Comunidades de Montes e Man Común do Distrito Forestal XIX Caldas-O Sanlés seguindo criterios compatibles co plan de Prevención establecidos pola Consellería de Medio Rural."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina