saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos celebrada o 20 de marzo de 2025

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 20 de marzo de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 20920 (12/PNC-001951)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que asuma o 50 por cento dos custos das prestacións da atención á dependencia

BOPG n.º 167f1, do 05.03.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do España para que asuma o 50% dos custes das prestacións de atención á dependencia, en cumprimento do establecido na Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención as persoas en situación de dependencia."

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina