A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 20 de marzo de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 19118 (12/PNC-001753)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Campero Dorado, Cristina e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que promova a actualización do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos públicos de saúde en coordinación coas comunidades autónomas
BOPG n.º 156f2, do 12.02.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que plantexe a actualización do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos públicos de saúde en coordinación coas comunidades autónomas."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 17673 (12/PNC-001647)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa Olalla e Rodil Fernández, Olalla
Sobre as actuacións que o Goberno galego debe levar a cabo ante a finalización do Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024
BOPG n.º 147f2, do 29.01.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Remitir á Cámara a avaliación do Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024, a información respecto da execución orzamentaria e os datos cuantitativos que teña neste momento de vítmas e de vítimas usuarias das medidas propostas.
2. Acelerar a aprobación do próximo Plan, garantir a participación social e institucional e mellorar a súa dotación orzamentaria.
3. Impulsar, en colaboración coas entidades sociais, un programa específico de axuda ás mulleres prostituídas onde se planifique un itinerario transversal e se garanta unha axuda periódica para unha atención integral e inserción sociolaboral á que se poidan acoller mulleres en situación ou non de trata."
- 20476 (12/PNC-001905)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que poña en marcha máis recursos para afondar no apoio ás persoas con trastorno do espectro autista e ás súas familias
BOPG n.º 162f1, do 26.02.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en marcha máis recursos en apoio das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e das súas familias, co obxecto de que poidan recibir os coidados, intervencións e desenvolver o seu proxecto vital con calidade. En particular, incrementar as prazas residenciais para a atención integral das persoas que presentan máis necesidades de apoio.
Asemade, o Parlamento insta a Xunta de Galicia a realizar todas as accións precisas para que as persoas con trastorno do espectro autista (TEA) da área sanitaria Pontevedra O Salnés reciben atención non centro de BATA en Vilagarcía, teñan continuidade a partir dos 21 anos, coa dotación dun centro de día no ámbito territorial das comarcas do Salnés e Pontevedra."