Moción aprobada no Pleno do Parlamento de Galicia do 25 de marzo de 2025
3.3 21832(12/MOC-000055) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Ríos Santomé, Paulo
Sobre os resultados que está a ter o último plan do Goberno galego de transporte público por estrada e o grao de cumprimento dos contratos por parte das empresas concesionarias
(Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 19844, publicada no BOPG núm. 159f2, do 19 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 11 de marzo de 2025)
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a trasladar aos grupos con representación no Parlamento de Galicia:
1. A relación de expedientes sancionadores incoados ás empresas concesionarias nos anos 2021, 2022 e 2023, e a resolución dos mesmos, indicando o motivo de sanción e o importe da mesma.
2. Os datos de quilómetros percorridos no transporte á demanda por concesión no anos 2021, 2022 e 2023, número de viaxeiros e número de expedicións, engadindo a cada unha delas os datos de kms. e expedicións recollidos no contrato concesional.
3. A documentación que se solicite relativa ás ofertas gañadoras dos contratos dentro do actual Plan de Transporte Público, que non fora declarada confidencial.
4. Os datos a 31 de decembro de 2024 da frota de buses titulares e reserva de todas concesións de transporte colectivo competencia da Xunta de Galiza, cos datos de calidade medioambiental e antigüidade."