saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 4ª, Educación e Cultura,celebrada o 27 de marzo de 2025

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 27 de marzo de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 20310 (12/PNC-001891)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Vázquez Suárez, Cecilia e 14 máis

Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa implementación do Real decreto 86/2025, de 11 de febreiro, para asegurar o prestixio da formación profesional galega

BOPG n.º 159f1, do 19.02.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que poña en marcha os mecanismos necesarios para asegurar o prestixio da Formación Profesional galega, preservando a cultura do esforzo na adaptación e implementación do Real Decreto 86/2025, de 11 de febreiro, de avaliación e acreditación das competencias básicas adquiridas por experiencia laboral, por vías non formais de formación e aprendizaxes informais."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 17917 (12/PNC-001666)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 9 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que complete a tramitación do Estatuto do artista, tal e como foi acordado no Congreso dos Deputados en 2018

BOPG n.º 147f2, do 29.01.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que desbloquee e complete a tramitación do Estatuto do Artista, tal e como foi acordado en 2018, por unanimidade, no Congreso dos Deputados."

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina