A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 3 de abril de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 17896 (12/PNC-001663)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que regule e estableza a organización das microcredenciais na formación para o emprego
BOPG n.º 147f2, do 29.01.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a regular e establecer a organización das microcredenciais na formación para o emprego, dentro do marco do diálogo social, co fin de certificar os resultados de aprendizaxe derivados de actividades formativas de curta duración, promovendo así un modelo adaptado ás necesidades actuais das persoas e do mercado laboral."
- 21569 (12/PNC-002000)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia ante o anunciado peche da Escola Infantil A Casiña, xestionada por Cáritas e situada no barrio ourensán das Lagoas
BOPG n.º 175f1, do 19.03.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1. Incrementar as escolas infantís de 0 a 3 anos de titularidade e xestión pública en Ourense.
2. Que se dirixa á entidade social que xestiona a escola infantil "A Casiña" en Ourense, para que continúe prestando o servizo, alomenos, ás familias con fillos xa matriculados.
3. Subsidiariamente e para o caso de que non se alcance acordo busque unha solución transitoria que solucione a carencia de prazas en Ourense, e en particular no barrio das Lagoas, con preferencia das persoas usuarias actuais do centro "A Casiña".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 16422 (12/PNC-001571)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e Fernández Alfonzo, Ramón Tomás
Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe levar a cabo co obxectivo de abordar as demandas laborais e salariais do persoal das residencias de maiores privadas
BOPG n.º 139, do 15.01.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta a Xunta de Galiza a:
1. Recibir unha representación das traballadoras das residencias de maiores privadas así como da súa representación sindical para coñecer de primeira man a situación na que se atopan e as súas demandas.
2. Solicitar unha xuntanza coa patronal do sector co obxectivo de mediar no conflito e promover unha mellora das condicións laborais e salariais das traballadoras facendo valer a súa posición como autoridade laboral e máxima responsábel en materia de servizos socias."