saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 8 de abril de 2025

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 8 de abril de 2025

      

 

3.5 18922(12/PNP-001490)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Trenor López, Gonzalo e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno de España co obxecto de que se comprometa co impulso do corredor atlántico ferroviario

Publicación da iniciativa, 153f1, 06.02.2025

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:

 

1.- Presentar de inmediato un Plan Director do Corredor Atlántico que inclúa compromisos concretos, cifras detalladas e prazos definidos para a execución das obras.

 

2.- Especificar a relación de obras que se van levar a cabo en Galicia e o horizonte temporal da súa finalización.

 

3.- Aclarar a composición e funcionamento do grupo de traballo creado recentemente, así como a data da súa activación e, de ser o caso, garantir a participación da Xunta de Galicia no mesmo.

 

4.- Nomear, con carácter urxente, o interlocutor con Renfe comprometido hai máis de seis meses para informar á Xunta de Galicia das incidencias e avances en infraestruturas ferroviarias.

 

5.- Acelerar os traballos da saída sur de Vigo para garantir a súa finalización nun prazo razoable, garantindo así a conexión efectiva de Galicia co resto do Corredor Atlántico e con Portugal."

 

 

3.6 22251(12/PNP-001791)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Arias Rodríguez, Raquel e 15 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa repartición dos menores migrantes non acompañados

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, 179f1, 26.03.2025

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para que, en diálogo co conxunto das comunidades autónomas, acorde unha repartición de migrantes menores non acompañados dun xeito planificado e acompañada da financiación precisa."

 

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina