A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 15 de abril de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 10469 (12/PNC-000985)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Fernández, Secundino e 4 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que faga os investimentos necesarios para levar a cabo unha mellora integral da estrada N-120 entre Valdeorras e a cidade de Ourense
BOPG n.º 81f2, do 11.09.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar do goberno do estado:
a. Levar a cabo unha mellora integral da estrada N-120 no tramo entre Valdeorras e a cidade de Ourense.
b. Realizar o proceso de contratación das obras do proxecto de terceiro carril desde a cidade de Ourense e Nogueira de Ramuín no ano 2025.
c. Destinar os fondos precisos dentro dos Orzamentos Xerais do Estado para realizar todas estas actuacións."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 22099 (12/PNC-002069)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Varela Fernández, Katherinie e 16 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que proceda a rehabilitar integralmente o firme da estrada N-540 entre Lugo e Ourense
BOPG n.º 179f1, do 26.03.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno Central a levar a cabo de maneira inmediata labores de rehabilitación integral do firme da Estrada Nacional 540 Lugo-Ourense."