saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebrada o 16 de abril de 2025

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 16 de abril de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 21809 (12/PNC-002038)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en materia de financiamento das oficinas de xustiza municipais

BOPG n.º 179f1, do 26.03.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a pedir ao Goberno Central financiamento adicional para o mantemento das oficinas de xustiza nos concellos como consecuencia do incremento de funcións que é de obrigado cumprimento pola entrada en vigor da Lei de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 13402 (12/PNC-001279)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 8 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que siga promovendo o papel da Academia Galega de Seguridade Pública na asunción dos procesos selectivos de acceso aos corpos de policía local e na selección de auxiliares

BOPG n.º 106f1, do 23.10.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a seguir impulsando a delegación por parte dos concellos dos procesos selectivos de acceso aos corpos de policía local e a selección de auxiliares de policía local unitarios na Academia Galega de Seguridade Pública, coa finalidade de garantir unha homoxeneización de requisitos e capacitación semellante en todo o territorio."

 

- 20594 (12/PNC-001921)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Insua Lema, Óscar e 2 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central coa finalidade de que cree unha base marítima permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira na Costa da Morte

BOPG n.º 167f1, do 05.03.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a solicitar ao goberno do Estado a creación dunha base marítima permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira na Costa da Morte.​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina