saltar ao contido

Santalices, nomeado cabaleiro da Orde Serenísima da Alquitara na Festa da Augardente de Portomarín

Santalices, nomeado cabaleiro da Orde Serenísima da Alquitara na Festa da Augardente de Portomarín

 

  • Destaca a celebración, unha das máis antigas de Galicia, como un exemplo de honra ás tradicións

 

 

Santiago, 20 de abril de 2025.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, foi nomeado hoxe cabaleiro da Orde Serenísima da Alquitara na celebración da 53ª edición da Festa do Augardente de Portomarín, unha das celebracións máis antigas de Galicia.

 

O xefe do Lexislativo foi o encargado de pronunciar o pregón no que agradeceu a devandita distinción e destacou esta celebración como “un exemplo de honra ás máis vellas tradicións".

 

Por outra banda, na súa intervención, Santalices, referiuse a Portomarín como unha etapa “imprescidible nas lembranzas dos peregrinos" do Camiño de Santiago que remata na praza do Obradoiro, e gabou a súa historia, arquitectura, paisaxe e gastronomía como principais atractivos turísticos para os visitantes.

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina