saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada o 22 de abril de 2025

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 22 de abril de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 14169 (12/PNC-001387)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego dunha liña de axudas para fomentar as exposicións e os concursos de gando como medio de impulso das gandarías galegas

BOPG n.º 115f2, do 13.11.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promocionar a gandaría galega a través do fomentos de exposicións e concursos de gando coa habilitación dunha liña de axudas para a súa materialización."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 22517 (12/PNC-002115)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre as accións que debe impulsar o Goberno galego en relación coa sanidade forestal, singularmente coa protección da variedade de piñeiro "Pinus radiata"

BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1. Reforzar a loita integrada contra as enfermidades fúnxicas en Pinus radiata, mediante accións de tratamento fitosanitario, medidas silvícolas e apoio á investigación forestal.

2. Mellorar os medios do Servizo de Saúde e vitalidade do Monte, dotándoo de recursos humanos especializados en sanidade forestal".

3. Potenciar a colaboración entre a administración, o sector forestal e os centros de investigación para o desenvolvemento de estratexias eficaces de xestión e prevención destas enfermidades".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina