saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo celebrada o 29 de abril de 2025

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 29 de abril de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 22868 (12/PNC-002153)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en materia de planificación das redes de subministración de enerxía eléctrica para o impulso dos proxectos industriais estratéxicos

BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que:

 

1.- Realice, de maneira urxente e inmediata, as actuacións necesarias para asegurar a subministración eléctrica a todos os proxectos industriais estratéxicos previstos en Galicia, e garantir a evacuación de enerxía derivada do aumento da xeración renovable no sistema eléctrico.

 

2.- Colabore estreitamente coas comunidades autónomas e dea resposta ás súas necesidades no deseño da nova planificación eléctrica con horizonte 2030, co obxectivo de garantir o desenvolvemento enerxético e industrial de Galicia."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina