A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 6 de maio de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 29 de abril de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Texto lexislativo |
1.1 | Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para a inclusión de cláusulas sociais e de igualdade na contratación pública e réxime de axudas e subvencións (doc. núm. 17725, 12/PPL-000005) |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 143f1, do 23.01.2025 | |
Punto 2. | Comparecencias |
2.1 | 24645 (12/CPP-000044) |
Do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento | |
2.2 | 24646 (12/CPP-000045) |
Do conselleiro do Mar, por petición propia, para informar sobre a comercialización dos produtos pesqueiros ante as negociacións do acordo de libre comercio da Unión Europea con Tailandia | |
Punto 3. | Mocións |
3.1 | 23936 (12/MOC-000059) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Espinosa Mangana, María Elena | |
Sobre as estratexias para rebaixar as listas de espera na sanidade pública galega (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 5712, publicada no BOPG núm. 40f1, do 19 de xuño de 2024, e debatida na sesión plenaria do 8 de abril de 2025.) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025 | |
3.2 | 23993 (12/MOC-000060) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Valcárcel Armesto, Montserrat | |
Sobre as políticas que prevé desenvolver a Xunta de Galicia ante o impacto económico da declaración de sete comarcas galegas como zonas vulnerables aos nitratos (ZVN) (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 21839, publicada no BOPG núm. 179f1, do 26 de marzo de 2025, e debatida na sesión plenaria do 8 de abril de 2025.) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025 | |
3.3 | 24010 (12/MOC-000061) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Bará Torres, Xosé Luís | |
Sobre o proceso de selección do proxecto industrial de Altri e os compromisos adquiridos pola Sociedade Impulsa con esta empresa (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 19463, publicada no BOPG núm. 156f1, do 12 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 8 de abril de 2025.) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025 | |
Punto 4. | Proposicións non de lei |
4.1 | 6902 (12/PNP-000705) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Longueira Castro, Silvia e 2 máis | |
Sobre as accións que o Goberno galego debe levar adiante respecto da loita contra a discriminación do colectivo LGTBIQ+ no ámbito laboral | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 23.07.2024 | |
4.2 | 16326 (12/PNP-001346) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis | |
Sobre a demanda á Xunta de Galicia dunha modificación da composición do Consello da Minaría de Galicia para dar entrada ás asociacións de defensa da natureza e ás comunidades de montes en man común | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 139, do 15.01.2025 | |
4.3 | 22506 (12/PNP-001817) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Grueira Fernández, Nicole e 9 máis | |
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central e a proposta de resolución que se presenta en relación coa rebaixa do nivel de protección do lobo | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 182f1, do 02.04.2025 | |
4.4 | 22562 (12/PNP-001829) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Lorenzo Gómez, Rubén e 9 máis | |
Sobre as accións que o Goberno galego debe pór en marcha en relación coa política que está a desenvolver a Unión Europea para a obtención de materias primas estratéxicas e, concretamente, co proxecto da mina de litio de Doade | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025 | |
4.5 | 22933 (12/PNP-001863) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Prado Cores, María Montserrat e Taibo Corsanego, Iria | |
Sobre as bases que deben constituír a postura da Xunta de Galicia ante a actual política exterior de Estados Unidos e o incremento do gasto militar na Unión Europea | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025 | |
4.6 | 22960 (12/PNP-001865) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Gómez Besteiro, José Ramón e 2 máis | |
Sobre a proposta de resolución que se presenta en relación co apoio ao uso da lingua galega no Parlamento Europeo | |
Publicación da iniciativa con correccións, BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025 | |
Punto 5. | Interpelacións |
5.1 | 22600 (12/INT-000916) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández González, Ariadna e Rodil Fernández, Olalla | |
Sobre o modelo da atención prestada nos centros de menores e os seus recursos | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f2, do 09.04.2025 | |
5.2 | 22890 (12/INT-000926) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Presas Bergantiños, Noa Olalla e Fernández Alfonzo, Ramón Tomás | |
Sobre a postura do Goberno galego verbo da posibilidade de superar o actual sistema de financiamento da comunidade, así como de negociar unha quitación da débeda | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f2, do 09.04.2025 | |
5.3 | 22927 (12/INT-000927) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis | |
Sobre a garantía de participación institucional dos axentes sociais no deseño das políticas de emprego en Galicia e o actual funcionamento do Consello Autonómico de Emprego e dos respectivos consellos provinciais e territoriais | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f2, do 09.04.2025 | |
Punto 6. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
6.1 | 24629 (12/POPX-000041) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Gómez Besteiro, José Ramón | |
Sobre a situación do emprego en Galicia | |
6.2 | 24636 (12/POPX-000042) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén | |
Sobre as medidas que prevé adoptar o Goberno galego para garantir os dereitos das persoas maiores | |
Punto 7. | Preguntas ao Goberno |
7.1 19559 (12/POP-003032)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
Sobre a postura do Goberno galego ante a petición por parte do Concello de Santiago para tramitar a baixa dos pisos turísticos que incumpren a normativa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f4, do 12.02.2025
7.2 24635 (12/PUP-000104)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Insua Lema, Óscar
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da demanda veciñal e institucional da apertura neste ano 2025, por medio do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, dun centro de día en Corcubión
7.3 21257 (12/POP-003246)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sanz Arias, Cristina e 8 máis
Sobre o proceso de planificación e execución levado a cabo por parte do Goberno de España do Plan de recuperación, transformación e resiliencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 171f1, do 12.03.2025
7.4 21829 (12/POP-003320)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Longueira Castro, Silvia e 2 máis
Sobre as razóns do atraso das obras do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 179f2, do 26.03.2025
7.5 24642 (12/PUP-000105)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Deza Martínez, María e 10 máis
Sobre a contribución da sociedade Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) á promoción de vivenda pública desde a súa creación en novembro de 2024
7.6 20024 (12/POP-003090)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia respecto da vinculación existente entre o servizo de aparcadoiro dun hospital público e unha asistencia sanitaria de calidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025
7.7 21798 (12/POP-003313)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre os datos das listaxes de espera cirúrxicas correspondentes ao ano 2024
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 179f2, do 26.03.2025
7.8 24628 (12/PUP-000103)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre a postura da Xunta de Galicia e as medidas que prevé adoptar respecto dos últimos despedimentos producidos na fábrica de Sargadelos
7.9 22231 (12/POP-003381)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Fernández, Secundino e 4 máis
Sobre a información publicada pola Consellería do Medio Rural respecto da aprobación da declaración de impacto ambiental da macrocelulosa de Altri
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182f2, do 02.04.2025
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente