A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 10 de xuño de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 3 de xuño de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Elección da persoa titular da Dirección Xeral da Corporación de
Servizos Audiovisuais de Galicia (doc. núm. 24866, 12/DXCA-000001)
Publicación, BOPG n.º 199, do 19.05.2025
Publicación, BOPG n.º 205, do 02.06.2025
Punto 2. Texto lexislativo
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque
Nacionalista Galego, de medidas para a consolidación, afianzamento e
radicación empresarial en Galicia e contra a deslocalización empresarial
(doc. núm. 24474, 12/PPL-000007)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 192f2, do 30.04.2025
Punto 3. Comparecencia
26638 (12/CPP-000051)
Do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte, por petición propia, para
informar sobre a situación do transporte en Galicia
Punto 4. Mocións
4.1 26217 (12/MOC-000065)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre a política do Goberno galego en materia de investigación do medio
mariño e a eventual creación dunha comisión que coordine o traballo dos
diferentes centros de estudo nesta materia (Moción consecuencia da
Interpelación doc. núm. 24272, publicada no BOPG núm. 193f1, do 2 de
maio de 2025, e debatida na sesión plenaria do 20 de maio de 2025.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025
4.2 26257 (12/MOC-000066)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Davila, María Cristina
Sobre o impulso e a elaboración consensuada por parte do Goberno galego
dun plan de mellora educativa (Moción consecuencia da Interpelación doc.
núm. 24427, publicada no BOPG núm. 193f1, do 2 de maio de 2025, e debatida na sesión plenaria do 20 de maio de 2025.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025
4.3 26278 (12/MOC-000067)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Iglesias Rey, Patricia
Sobre as estratexias previstas polo Goberno galego para a defensa dos
sectores produtivos de Galicia ante a nova política arancelaria de Estados
Unidos (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 23959, publicada
no BOPG núm. 188f3, do 16 de abril de 2025, e debatida na sesión plenaria
do 20 de maio de 2025.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 6916 (12/PNP-000707)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Iglesias Rey, Patricia e 2 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia da creación do clúster da industria de
defensa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 23.07.2024
5.2 22082 (12/PNP-001774)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central
co obxecto de que dote economicamente a lei da esclerose lateral amiotrófica
(ELA) para facela realmente efectiva e poder cumprir os seus obxectivos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 179f1, do 26.03.2025
5.3 23906 (12/PNP-001888)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia
Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe tomar no sistema sanitario
para afrontar a covid persistente
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025
5.4 26099 (12/PNP-002077)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis
Sobre as medidas e as actuacións que debe levar adiante o Goberno galego
para desenvolver e modernizar o sector mineiro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025
5.5 26197 (12/PNP-002087)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central
co obxecto de que este manteña o financiamento íntegro e estable do Plan
Corresponsables
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025
5.6 26326 (12/PNP-002108)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis
Sobre a proposta de resolución que se presenta verbo do comportamento do
Partido Popular no referido á defensa da oficialidade do galego no
Parlamento Europeo e a demanda á Xunta de Galicia do cumprimento dos
acordos adoptados na Cámara relativos á normalización lingüística
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 203f1,
do 28.05.2025
Punto 6. Interpelacións
6.1 24261 (12/INT-000951)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara
Sobre as políticas de xestión forestal e de prevención e loita contra os
incendios
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193f1, do 02.05.2025
6.2 24314 (12/INT-000954)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández González, Ariadna e Rodil Fernández, Olalla
Sobre a demanda de prazas en escolas infantís públicas de 0 a 3 anos e a
regulación do acceso a elas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193f1, do 02.05.2025
6.3 25091 (12/INT-000978)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa Olalla e 3 máis
Sobre a evolución da violencia machista e a valoración dos últimos datos do
Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral
do Poder Xudicial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 197f2, do 14.05.2025
Punto 7. Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
7.1 26636 (12/POPX-000045)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gómez Besteiro, José Ramón
Sobre o grao de eficacia das políticas do Goberno galego destinadas a
resolver os problemas do acceso á vivenda
7.2 26637 (12/POPX-000046)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre o nivel da defensa da lingua galega que exerce o Goberno galego
Punto 8. Preguntas ao Goberno
8.1 26190 (12/POP-003831)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a valoración que realiza o Goberno galego da convocatoria da
Conferencia de Presidentes prevista para o 6 de xuño en Barcelona
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203f2, do 28.05.2025
8.2 22240 (12/POP-003449)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 8 máis
Sobre a sentenza do Tribunal Supremo que avala a tramitación do parque
eólico de Campelo, entre Coristanco e Santa Comba, e as súas
consecuencias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 179f2, do 26.03.2025
8.3 24964 (12/POP-003664)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre as previsións do Goberno galego canto ao seu compromiso de
recuperar a terceira unidade de educación infantil do CEIP San Clemente,
do concello de Caldas de Reis, para o vindeiro curso 2025-2026
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 197f2, do 14.05.2025
8.4 26063 (12/POP-003811)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Longueira Castro, Silvia e Abalde Alonso, Julio Ernesto
Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia en relación coas peticións
de reformas nas infraestruturas dos centros de ensino públicos de
Betanzos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203f2, do 28.05.2025
8.5 26602 (12/PUP-000116)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto e 2 máis
Sobre os anuncios da Xunta de Galicia relativos á eliminación do
mestrado en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela
8.6 26603 (12/PUP-000117)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da oferta do mestrado
en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela para o
vindeiro curso
8.7 22495 (12/POP-003417)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sanz Arias, Cristina e 8 máis
Sobre o balance do primeiro ano de funcionamento da Oficina Económica
de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182f2, do 02.04.2025
8.8 25611 (12/POP-003757)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Suárez Fernández, Iago e Queixas Zas, Mercedes
Sobre o grao de información que ofrece o Goberno galego ao Parlamento
verbo da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e dos
seus plans de futuro para esta comarca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 200f2, do 20.05.2025
8.9 25678 (12/POP-003761)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, Carmela e Pérez Fernández, Rosana
Sobre o impacto da ampliación do porto deportivo de Baiona e da presión
turística nesta vila
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 200f2, do 20.05.2025
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente