saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 27 de xuño de 2025

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 27 de xuño de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 26062 (12/PNC-002416)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Longueira Castro, Silvia e Abalde Alonso, Julio Ernesto

Sobre as actuacións que debe levar adiante a Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar as infraestruturas dos tres centros públicos de ensino do concello de Betanzos

BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

 

1. Dotar ás contías económicas necesarias para dar cobertura ás necesidades existentes nos tres centros públicos educativos do municipio.

 

2. Promover unha planificación arranxada dos servizos de reforma integral dos centros educativos de Betanzos, así coma dos polideportivos e salón de actos."

 

- 26204 (12/PNC-002433)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García Comesaña, Julio e 8 máis

Sobre as accións que debe impulsar a Xunta de Galicia para recuperar, preservar e poñer en valor a Fonte de Troncoso, símbolo da tradición termal de Mondariz-Balneario

BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1º.- Dirixirse ao Concello de Mondariz-Balneario para que leve a cabo os trámites necesarios para solicitar formalmente a incoación do expediente para a declaración da Fonte de Troncoso como Ben de Interese Cultural (BIC).

 

2º.-Prestar apoio técnico e institucional ao Concello de Mondariz-Balneario durante o proceso de tramitación da solicitude e na elaboración da documentación necesaria para a incoación do expediente.

 

3º.- Promover, unha vez declarada a Fonte de Troncoso como Ben de Interese Cultural (BIC), a solicitude de fondos no marco do Programa do Ministerio de Vivenda denominado “2% cultural"; (tamén recoñecido como Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico) co obxectivo de recuperar un ben patrimonial de gran valor para Galicia e reforzar a identidade cultural do Concello de Mondariz-Balneario."

 

 

- 27152 (12/PNC-002550)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fernández Rosende, Jesús María e 9 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego da realización dunha homenaxe en lembranza de José Manuel Costas Capelo, figura vencellada ao sector náutico-pesqueiro e á mariña mercante de Galicia

BOPG n.º 211f1, do 18.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar un acto de homenaxe en lembranza e recoñecemento de José Manuel Costas Capelo, no que se inclúa a elaboración dun busto ou placa conmemorativa, para salientar a súa importancia no sector náutico-pesqueiro e na mariña mercante de Galicia, así como na formación neste ámbito."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina