A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 8 de xullo de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 1 de xullo de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Elección da persoa titular da Dirección Xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia. Terceira votación (doc. núm. 24866, 12/DXCA-000001) |
Punto 2. | Textos lexislativos |
2.1 | Toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de modificación da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia (doc. núm. 2200, 12/PPL-000002) Publicación da iniciativa, BOPG n.º 16f1, do 24.04.2024 |
2.2 | Toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, para a mellora da asistencia primaria no Sistema púbico de saúde de Galicia (doc. núm. 23539, 12/PPL-000006) Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185, do 09.04.2025 |
Punto 3. | Comparecencia |
28052 (12/CPP-000055) | |
Da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, por petición propia, para informar sobre a planificación e os últimos avances na xestión e ordenación do litoral | |
Punto 4. | Mocións |
4.1 | 28005 (12/MOC-000071) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Rodil Fernández, Olalla | |
Sobre o modelo de financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 21722, publicada no BOPG núm. 175f1, do 19 de marzo de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 24 de xuño de 2025.) | |
4.2 | 28006 (12/MOC-000072) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Prado Cores, María Montserrat | |
Sobre a planificación que está a desenvolver o Sergas para manter a calidade da atención sanitaria no verán (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 26011, publicada no BOPG núm. 203f2, do 28 de maio de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 24 de xuño de 2025.) | |
4.3 | 28007 (12/MOC-000073) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Longueira Castro, Silvia | |
Sobre a avaliación das políticas de impulso demográfico que desenvolve o Goberno galego (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 26145, publicada no BOPG núm. 203f2, do 28 de maio de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 24 de xuño de 2025.) | |
Punto 5. | Proposicións non de lei |
5.1 | 8119 (12/PNP-000744) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Iglesias Rey, Patricia e Castro Rey, Paloma | |
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que avance nas súas políticas en materia de integridade institucional, prevención da corrupción e rexeneración democrática, segundo as recomendacións do Consello de Contas | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 68, do 21.08.2024 | |
5.2 | 14998 (12/PNP-001272) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia | |
Sobre a demanda ao Goberno galego da creación do Consello da Memoria Democrática de Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 127, do 04.12.2024 | |
5.3 | 27318 (12/PNP-002206) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Verea Fraiz, Borja e 8 máis | |
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno de España co fin de que este apoie a declaración do Xacobeo de 2027 como evento excepcional de interese público (EEIP) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211f1, do 18.06.2025 | |
5.4 | 27689 (12/PNP-002245) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e Insua Lema, Óscar | |
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co fin de que presente un proxecto de lei para a creación dunha oficina antifraude adscrita ao Parlamento de Galicia e encamiñada á prevención da corrupción | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 214f1, do 25.06.2025 | |
5.5 | 27734 (12/PNP-002250) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis | |
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego ante a proliferación de proxectos para a implantación de plantas de biogás | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 214f1, do 25.06.2025 | |
5.6 | 27778 (12/PNP-002253) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Prado del Río, Paula e 14 máis | |
Sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de rexeitar os comportamentos que se están a producir desde o Goberno de España ante a investigación por corrupción que afecta o PSOE e as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao executivo central ao respecto | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 214f1, do 25.06.2025 | |
Punto 6. | Interpelacións |
6.1 | 1514 (12/INT-000082) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Abalde Alonso, Julio Ernesto e Longueira Castro, Silvia | |
Sobre o transporte escolar en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
6.2 | 1722 (12/INT-000103) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Golpe Acuña, José Manuel e 4 máis | |
Sobre a reactivación económica das zonas afectadas pola perda de grandes industrias tractoras | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 16f1, do 24.04.2024 | |
6.3 | 27442 (12/INT-001071) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Presas Bergantiños, Noa Olalla e 2 máis | |
Sobre a eficacia do sistema de protección ás vítimas de violencia de xénero | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 214f2, do 25.06.2025 | |
Punto 7. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
7.1 | 28050 (12/POPX-000049) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Gómez Besteiro, José Ramón | |
Sobre a actuación política do Goberno galego no que vai do ano 2025 | |
7.2 | 28051 (12/POPX-000050) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén | |
Sobre o grao de eficacia das solucións do Goberno galego aos problemas de Galicia | |
Punto 8. | Preguntas ao Goberno
|
8.1 22726 (12/POP-003451)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 3 máis
Sobre a dotación da Administración de xustiza das ferramentas precisas para poder desenvolver a súa xestión en galego ou en castelán de forma indistinta
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f2, do 09.04.2025
8.2 28042 (12/PUP-000129)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre as actuacións e previsións do Goberno galego no que concirne ao impulso da investigación e do control dos residuos radioactivos depositados na foxa atlántica fronte ás costas galegas
8.3 27348 (12/POP-003985)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis
Sobre a situación financeira da Universidade da Coruña descuberta tras a liquidación do exercicio 2023
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211f2, do 18.06.2025
8.4 27294 (12/POP-003975)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia verbo do real decreto que regula o traspaso das competencias en materia de menores non acompañados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211f2, do 18.06.2025
8.5 16953 (12/POP-002649)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Iglesias Rey, Patricia e 2 máis
Sobre a postura da Xunta de Galicia ante a demanda da execución urxente dunha variante na circunvalación de Carballo para conectar o polígono de Bértoa coa zona sur da localidade e facilitar a ampliación do devandito polígono
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 144f2, do 24.01.2025
8.6 20485 (12/POP-003148)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as razóns do cambio de criterio da Xunta de Galicia no réxime de adxudicación das vivendas de promoción pública (VPP) e o paso do arrendamento á compravenda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162f2, do 26.02.2025
8.7 27093 (12/POP-003938)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre a postura da Xunta de Galicia respecto da pertinencia dun plan sanitario urxente para O Salnés co obxecto de cubrir o incremento da demanda derivada da presión turística estival
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211f2, do 18.06.2025
8.8 28021 (12/PUP-000128)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez López, Lara e Espinosa Mangana, María Elena
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da cobertura da atención sanitaria no concello de Cervo nos vindeiros meses de verán
8.9 26242 (12/POP-003842)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Grueira Fernández, Nicole e 8 máis
Sobre as medidas que a Xunta de Galicia está a desenvolver para promover o uso da lingua galega entre a mocidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206f2, do 04.06.2025
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente