saltar ao contido

Santalices salienta a necesidade de protexer e visibilizar o campamento romano Aquis Querquennis



​antalices salienta a necesidade de protexer e visibilizar o campamento romano Aquis Querquennis

 

  • Participou na celebración do 50º aniversario do achado arqueolóxico no concello de Bande

 

 

Santiago, 6 de setembro do 2025. O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, salientou hoxe a necesidade de conservar e visibilizar o achado arqueolóxico do campamento romano Aquis Querquennis de Bande, que este ano celebra o seu 50º aniversario.

 

Na súa intervención, referiuse ao destacado papel do antropólogo Florentino López Alonso-Cuevillas, quen comezou a escavación nese enclave, e ao arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, quen deu os primeiros e determinantes pasos para lle dar a este gran descubrimento arqueolóxico o valor que merecía.

 

O campamento romano, asentado á beira do Limia e declarado ben de interese cultural desde 2018, era unha fortificación cunha extensión de 25.000 metros cadrados rodeada por unha muralla sólida con catro portas e as súas torres defensivas. Foi un recinto practicamente inexpugnable, con capacidade para albergar uns 600 lexionarios romanos.


 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina