saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 10 de setembro de 2025

5.2 27332(12/PNP-002207)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe realizar ao Goberno central referidas ao traballo conxunto entre o Estado e as comunidades autónomas no que atinxe á política de vivenda

Publicación da iniciativa, 211f1, 18.06.2025

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a esixirlle ao Goberno de España: ​

1. Remitir, tal e como expresaba o presidente do Goberno na carta enviada ás comunidades autónomas con motivo da Conferencia de Presidentes do 6 de xuño de 2025, unha proposta formal e detallada para iniciar a negociación real dun Acordo Estatal de Vivenda 2026–2030, acompañado de cronogramas, financiamento, e garantías de execución.

2. Reclamar que calquera medida ou iniciativa en materia de vivenda sexa previamente consensuada e dialogada coas comunidades autónomas, garantindo o respecto ao principio de lealdade institucional e ás competencias exclusivas ou compartidas recollidas no marco constitucional e estatutario.

3. Reclamar que atenda de forma efectiva as peticións, propostas e necesidades expostas polas comunidades autónomas en materia de vivenda e, particularmente, as formuladas pola Xunta de Galicia, garantindo un tratamento equitativo, transparente e estable.

4. Convocar a Conferencia Sectorial de Vivenda que leva desde o mes de outubro sen reunirse, como foro de cooperación multilateral no que facer efectiva a participación das comunidades autónomas na definición do interese xeral, o apoio á unidade de acción e o respecto ao autogoberno e a diversidade".

Asemade, o Parlamento insta a Xunta de Galicia a seguir a impulsar un acordo co Goberno de España para aumentar o orzamento destinado ao Plan Estatal de Vivenda para Galicia en, cando menos, os 380M€ propostos na Conferencia de Presidentes, asumindo a Xunta de Galicia a súa parte de cofinaciamento.

 

 

 

5.4 30454(12/PNP-002344)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta debe dirixir ao Goberno central sobre a situación actual da concesión da AP-9 tras o ditame da Comisión Europea

Publicación da iniciativa, 238f2, 20.08.2025

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que, aproveitando o recente ditame da Comisión Europea, acorde o inmediato rescate da concesión e liberalización da peaxe da Autoestrada do Atlántico AP-9 por ser esta a alternativa máis vantaxosa para interese público, traer aparellados importantes beneficios sociais, ambientais e de seguridade viaria, e por contribuír á mellora da calidade de vida, aforro de tempo e maior competitividade para os usuarios desta infraestrutura".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina