saltar ao contido

Santalices recibe no Parlamento a secretarios, interventores e tesoureiros da Administración local




  • O Colexio de A Coruña-Pontevedra conmemora o centenario da súa creación

 

Santiago, 12 de setembro de 2025.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, recibiu hoxe á presidenta do Consello de Colexios Territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local, Pilar Ortega, e aos presidentes de Cosital Atlántico, A Coruña-Pontevedra e Cosital Ourense, José Antonio Rueda e Jorge Moreno.

 

Nesta visita á sede do Lexislativo autonómico, Santalices felicitou aos habilitados do Colexio de A Coruña-Pontevedra pola celebración do centenario da súa creación, no que estiveron acompañados por colexiados de Ourense, Asturias, Cantabria, Cataluña e Castilla-León.​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina