A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 26 de novembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 38496 (12/PNC-003356)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego de accións para divulgar a obra de Xosé Neira Vilas co gallo do décimo aniversario do seu pasamento
BOPG n.º 283f1, do 12.11.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Desenvolver accións divulgativas que axuden a difundir a obra de Xosé Neira Vilas, co gallo do decimo aniversario do seu pasamento.
2. Dotar a través dos orzamentos de 2026 partidas para programas didácticos sobre a emigración e o exilio galegos.
3. Realizar un proxecto de divulgación a diferentes niveis sobre o legado de Neira Vilas e da xeración do modernismo galego"
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 25593 (12/PNC-002370)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que adopte as medidas necesarias para incrementar nun mínimo do 15 por cento a oferta de prazas de novo ingreso nos estudos de enfermaría en Galicia
BOPG n.º 200f1, do 20.05.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno central que adopte as medidas necesarias, en coordinación coas comunidades autónomas e co Sistema Universitario, para incrementar nun mínimo do 15% a oferta de prazas de novo ingreso nos estudos universitarios de Enfermaría en Galicia e que este incremento vaia acompañado dun financiamento suficiente"