saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 29 de xaneiro de 2026

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 29 de xaneiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 42516 (12/PNC-003550)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Trenor López, Gonzalo e 8 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que reclame ante a Unión Europea información verbo da xestión realizada por España do Fondo Social para o Clima

BOPG n.º 307f1, do 02.01.2026

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que insista ante Europa na reclamación de información sobre a xestión de España có Fondo Social polo Clima"

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 34808 (12/PNC-003047)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno de España en relación co rescate da concesión da AP-9 e co expediente aberto pola Comisión Europea verbo desta autoestrada

BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España:

 

1º- Dar traslado de toda a documentación relativa ao expediente aberto pola Comisión Europea en relación coa AP-9 e das comunicacións mantidas pola administración do Estado con este obxecto

 

2º- Adoptar cantas iniciativas sexan precisas para facer efectivo o rescate da concesión da AP-9, por ser esta a alternativa máis vantaxosa para o interese público, e acordar a eliminación das peaxes"​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina