saltar ao contido

Membros da Real Academia de Belas Artes comezan a difundir a Colección de Arte do Parlamento

Membros da Real Academia de Belas Artes comezan a difundir a Colección de Arte do Parlamento

 

 

  • Os académicos ofrecerán charlas divulgativas en centros universitarios e culturais

 

  • Santalices asistíu á inauguración da exposición A Coruña, Arte e Textura do pintor Raúl Velloso

     

 

 

Santiago, 5 de febreiro de 2026.- Membros da Real Academia Galega de Belas Artes inician a partir de maña, en colaboración co Parlamento galego, o ciclo de  charlas divulgativas en centros universitarios e culturais sobre a colección de arte da cámara autonómica, segundo anunciou o presidente do Lexislativo, Miguel Ángel Santalices Vieira, no transcurso da inauguración da exposición A Coruña, Arte e Textura do pintor Raúl Velloso.

 

Esta nova  colaboración entre o Parlamento e a Academia afianza o compromiso total e a sensibilidade do Lexislativo para contribúe á divulgación da creación artística en Galicia, tanto de artistas noveis coma consagrados, para achegalos aínda máis á cidadanía.

 

O presidente do Parlamento lembrou que a Cámara autonómica alberga unha das obras do artistas cangués, ao que definiu coma un observador único da paisaxe e arquitectura galegas que plasma nos seus lenzos cun estilo único que nunca pasa desapercibido.

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina