A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 18 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 45018 (12/PNC-003627)
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos
Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe pór en marcha para garantir a igualdade nos órganos de goberno e nos procesos participativos das confrarías de pescadores
BOPG n.º 320f1, do 23.01.2026
Sométese a votación separada por puntos:
Puntos 6 e 7: resultan aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes
Puntos 1, 2, 3, 4, 5, 8, 9 e 10: resultan rexeitados por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
6. Implantar medidas que faciliten a corresponsabilidade e a conciliación, tendo en conta que historicamente o peso dos coidados e do traballo reprodutivo recaeu maioritariamente sobre as mulleres e que, no sector pesqueiro galego, esta situación se ve agravada por condicións laborais e sociais específicas.
7. Promover campañas públicas que visibilicen e recoñezan o valor económico, social e cultural do traballo desenvolvido polas mulleres do sector pesqueiro, contribuíndo á súa dignificación e recoñecemento social."
- 45637 (12/PNC-003655)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 4 máis
Sobre as accións que debe pór en marcha a Xunta de Galicia ante a entrada en vigor do Regulamento de control da pesca da UE e a súa inadecuación ao contexto da frota artesanal galega
BOPG n.º 320f1, do 23.01.2026
Sométese a votación separada por puntos:
Puntos 1, 2 (2b, 2c, ), 3 e 4: resultan aprobados por 14 votos a favor, 0 en contra e 2 abstencións.
Punto: 2a: resulta rexeitado por 5 votos a favor, 9 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galiza insta o Goberno galego a:
1. Exercer e defender as súas competencias exclusivas en augas interiores e as súas propias normas de control.
2. Reclamar do Goberno do Estado que negocie coa Comisión Europea:
2b. A flexibilizar e adaptar as medidas do Regulamento que entraron en vigor o pasado 10 de xaneiro ás características da frota artesanal galega.
2c. A ditar de xeito inmediato unha moratoria na aplicación desas normas do Regulamento e acordar co sector a procura de solucións e medidas axustadas á actividade e á singularidade da frota artesanal, adoptando medidas realistas na liña de:
- Estudar a necesidade de establecer un sistema simplificado de pesadopara as capturas de pouco volume, recuperando o sistema ata o de agora vixente, para que se pesen só as capturas que superen os 50 quilos.
-Reducir a carga burocrática derivada da aplicación do diario electrónico, que obriga a facer varias comunicación por xornada, dificultando o normal desenvolvemento da actividade pesqueira.
- Buscar unha alternativa realista e conforme ao tipo de pesca pegado ácosta da frota artesanal, reducindo ou eliminando a obriga de ter que comunicar con dúas horas e media de antelación a chegada a porto.
3. A eliminación da retroactividade nas sancións, que impediría ter acceso ás axudas dos FEMPA.
4. A inclusión na vindeira revisión da Política Pesqueira Común da UE a diferenciación clara entre pesca artesanal e pesca industrial, atendendo non só aos metros de eslora dos buques, senón tamén a criterios como a distancia ao caladoiro, a duración máxima das mareas, a utilización de artes de pesca sostíbeis ou o número máximo de tripulantes a bordo.
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 45615 (12/PNC-003650)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García González, Patricia e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación coas condicións que este debe defender ante a Unión Europea relativas ás cotas pesqueiras para 2026
BOPG n.º 320f1, do 23.01.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:
1.- Esixir ante a Comisión Europea unha resposta firme fronte ás prácticas de sobreexplotación da cabala e da bacaladilla por parte de países terceiros, singularmente Noruega e as Illas Feroe.
2.- Reclamar que a Unión Europea active medidas comerciais disuasorias, incluídas restricións ou aranceis, cando países terceiros non respecten os acordos internacionais de xestión pesqueira.
3.- Solicitar que as negociacións de TAC e cotas para o caladoiro Cantábrico-Noroeste incorporen de maneira efectiva unha avaliación do impacto socioeconómico, evitando que os recortes recaian de forma desproporcionada sobre as frotas comunitarias máis sostibles.
4.- Defender mecanismos de flexibilidade, adaptación e compensación para a frota galega afectada polos recortes en cabala e bacaladilla, co obxectivo de preservar o emprego, a actividade económica costeira e a viabilidade das empresas.
5.- Dar traslado destes acordos ao Goberno de España, á Comisión Europea e ás organizacións representativas do sector pesqueiro galego.
6.- Instar ao Goberno de España e á Comisión Europea a que apliquen medidasdestinadas á conservación das poboacións de pesqueiras como a da cabala e a bacaladilla, en relación cos países que practican unha pesca non sostible e irresponsable. É dicir, aplicar “a falta de cooperación por impoñer medidas unilaterais, e pola celebración de acordos de reparto parcial con exclusión de determinados Estados e rexións costeiras, como é o caso de España e Galicia, en particular."
- 47759 (12/PNC-003736)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Taibo Corsanego, Iria e Pérez Fernández, Rosana
Sobre determinadas demandas dirixidas á Xunta de Galicia en relación coa posta en marcha de medidas para a mellora da produtividade marisqueira da ría do Burgo
BOPG n.º 328f3, do 05.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Estudar a situación de produción de marisco na ría do Burgo.
2. Pór en marcha as medidas necesarias para mellorar a productividade do marisco nesta ría, co obxectivo de garantir a súa sostebilidade productiva e ambiental."
- 48328 (12/PNC-003763)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que impulse unha revisión das cotas de pesca do abadexo nas zonas VIII e IX do Atlántico
BOPG n.º 328f3, do 05.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:
1.- Reforzar de maneira inmediata a recompilación e calidade dos datos científicos ;cos relativos ao abadexo nas zonas VIII e IX do Atlántico, mediante campañas científicas, específicas, mellora das mostraxes biolóxicas e unha maior integración da información procedente da frota pesqueira.
2.- Revisar os datos científicos, contemplando a proposta de modificación da categoría do informe ICES desta especie, pasando da categoría 3 á 4 e reforzando a subministración de datos a ICES desde a SGP e IEO para achegar aqueles provenientes das frotas españolas de artes fixas.
3.- Revisar a xestión da cota atribuída a España, xerando unha maioradecuación entre os datos históricos e o impacto social xerado polos desembarques desta especie no Caladoiro Cantábrico e Noroeste.
4.- Impulsar a participación activa do sector pesqueiro nos programas derecompilación de datos, fomentando sistemas de ciencia participativa que permitan incorporar o coñecemento empírico dos pescadores e mellorar a fiabilidade das avaliacións científicas.
5.- Utilizar os instrumentos financeiros dispoñibles, en particular os fondos do FEMPA, para apoiar o reforzo da investigación científica aplicada e dos sistemas de seguimento desta pesqueira.
6.- Solicitar á Comisión Europea e aos organismos científicos competentes a revisión da avaliación do stock de abadexo nas zonas VIII e IX, unha vez reforzada a base de datos, co fin de que as posibilidades de pesca #reflectir adecuadamente o estado real do recurso.
7.- Defender, mentres leva a cabo dita avaliación científica reforzada, a adopción de medidas transitorias que permitan un incremento prudente e condicionado das posibilidades de captura do abadexo, baseado na información dispoñible, na observación do sector e no seguimento continuo do recurso, garantindo en todo caso o respecto aos principios de sustentabilidade da Política Pesqueira Común."