A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar a súa sesión o próximo día 24 de febreiro de 2026, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de febreiro de 2026, a orde do día da sesión é a seguinte:
| Punto 1. | Texto lexislativo |
Proposta de tramitación polo procedemento de lectura única do Proxecto de lei de medida excepcional de carácter fiscal e, se é o caso, debate e votación de dito proxecto (doc. núm 50911. 12/PL-000013)
| |
| Punto 2. | Comparecencia |
| 50247 (12/CPP-000088) | |
| Do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, por petición propia, para informar sobre a situación xeral do servizo ferroviario en Galicia | |
| Punto 3. | Mocións |
| 3.1 | 50513 (12/MOC-000104) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Rodil Fernández, Olalla | |
| Sobre a actualización da lexislación galega en materia de inclusión social (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 955, publicada no BOPG núm. 12f1, do 17 de abril de 2024, e debatida na sesión plenaria do 10 de febreiro de 2026) | |
| 3.2 | 50654 (12/MOC-000105) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Queixas Zas, Mercedes | |
| Sobre a política de normalización lingüística da Xunta de Galicia e os resultados do programa 151A, de fomento da lingua galega, desde 2009 (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 45418, publicada no BOPG núm. 319f2, do 22 de xaneiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 10 de febreiro de 2026) | |
| 3.3 | 50656 (12/MOC-000106) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Longueira Castro, Silvia | |
| Sobre a planificación dos vindeiros dez anos que leva a cabo a Xunta de Galicia en materia de coidados e servizos sociais (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 45956, publicada no BOPG 323f1, do 29 de xaneiro de 2026, e debatida na sesión plenaria do 10 de febreiro de 2026) | |
| Punto 4. | Proposicións non de lei |
| 4.1 | 38343 (12/PNP-002819) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Ferro Iglesias, José Luis e 8 máis | |
| Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que lle transfira a totalidade dos fondos solicitados no marco do PERTE Nova Economía da Lingua | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 283f1, do 12.11.2025 | |
| 4.2 | 43192 (12/PNP-003004) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Fernández Davila, María Cristina e Fernández González, Ariadna | |
| Sobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar a situación do alumnado con necesidades educativas especiais | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 310f1, do 09.01.2026 | |
| 4.3 | 49603 (12/PNP-003236) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pérez Fernández, Rosana e 5 máis | |
| Sobre as medidas e a postura que debe adoptar a Xunta de Galicia respecto da expansión da enerxía eólica mariña en Galicia | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026 | |
| 4.4 | 49610 (12/PNP-003237) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Bouza Manso, Aitor e López Font, Carlos | |
| Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que complemente con fondos propios o programa do bono alugueiro financiado con fondos estatais | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026 | |
| 4.5 | 49676 (12/PNP-003250) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis | |
| Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co obxectivo de deseñar e impulsar as políticas en materia de corresponsabilidade | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026 | |
| 4.6 | 49710 (12/PNP-003256) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis | |
| Sobre as actuacións que debe pór en marcha a Xunta de Galicia ante a actitude do Goberno central coas políticas galegas en materia de dependencia e servizos sociais | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026 | |
| Punto 5. | Interpelacións |
| 5.1 | 34163 (12/INT-001230) |
| Grupo Parlamentario Mixto | |
| Ojea Bouzo, Armando | |
| Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de prevención, xestión e recuperación forestal fronte aos incendios | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260f2, do 25.09.2025 | |
| 5.2 | 48321 (12/INT-001593) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Presas Bergantiños, Noa Olalla e Rodil Fernández, Olalla | |
| Sobre o grao de eficacia das políticas do Goberno galego dirixidas a corrixir a desigualdade socioeconómica das mulleres en Galicia | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328f1, do 05.02.2026 | |
| 5.3 | 49524 (12/INT-001641) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pérez Fernández, Rosana e 4 máis | |
| Sobre a caída da produtividade marisqueira nas rías galegas, singularmente no que atinxe aos bivalvos na ría de Muros e Noia | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332f1, do 11.02.2026 | |
| Punto 6. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
| 6.1 | 50861 (12/POPX-000071) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Gómez Besteiro, José Ramón | |
| Sobre as previsións do Goberno galego en relación coa garantía de respecto aos principios de autonomía local, igualdade e suficiencia financeira dos concellos galegos | |
| 6.2 | 50868 (12/POPX-000072) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Pontón Mondelo, Ana Belén | |
| Sobre a transparencia informativa do Goberno galego, nomeadamente respecto do proxecto de Altri | |
| Punto 7. | Preguntas ao Goberno |
| 7.1 | 43380 (12/POP-005880) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Longueira Castro, Silvia e 2 máis | |
| Sobre o grao de cumprimento dos compromisos e acordos adquiridos na unión dos concellos de Oza e Cesuras | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 311f1, do 12.01.2026
| |
| 7.2 | 50869 (12/PUP-000194) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Vidal Lamas, Sonia | |
Sobre as medidas que prevé adoptar o Goberno galego para corrixir os danos económicos, ambientais e sociais no encoro das Conchas e na comarca de Limia
| |
| 7.3 | 50886 (12/PUP-000197) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Trenor López, Gonzalo e 8 máis | |
Sobre as accións que está a pór en marcha a Xunta de Galicia para lle reclamar ao Goberno central toda a información precisa sobre o alcance da modificación do Regulamento xeral de costas
| |
| 7.4 | 48584 (12/POP-006830) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Castro Rey, Paloma e Bouza Manso, Aitor | |
| Sobre o estado actual das instalacións do CEIP Xunqueira I, de Pontevedra, e as súas consecuencias para a calidade da educación no devandito centro | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328f2, do 05.02.2026
| |
| 7.5 | 50870 (12/PUP-000195) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Castro Rey, Paloma | |
Sobre as previsións do Goberno galego en relación coas políticas de prevención fronte á desinformación e ao espallamento dos discursos de odio por razón de xénero
| |
| 7.6 | 44869 (12/POP-006312) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Castro García, Daniel e Bará Torres, Xosé Luís | |
| Sobre a variante de Viveiro e o proxecto da vía de alta capacidade Costa Norte | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f2, do 22.01.2026
| |
| 7.7 | 45843 (12/POP-006505) |
| Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
| Méndez López, Lara e 2 máis | |
| Sobre a postura da Xunta de Galicia ante a posibilidade de retomar o proxecto inicial da vía de alta capacidade Costa Norte en Viveiro | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f4, do 22.01.2026
| |
| 7.8 | 48062 (12/POP-006753) |
| Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Presas Bergantiños, Noa Olalla e Prado Cores, María Montserrat | |
| Sobre os prazos previstos polo Goberno galego para a construción e posta en marcha do novo centro de saúde do Carballiño | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328f2, do 05.02.2026
| |
| 7.9 | 44864 (12/POP-006311) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Candia López, María Elena e 10 máis | |
| Sobre os traballos de conservación que o Goberno galego leva a cabo na muralla de Lugo | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319f2, do 22.01.2026 | |
| 7.10 | 44374 (12/POP-006217) |
| Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
| Pérez López, Noelia e 7 máis | |
| Sobre as principais liñas de axudas que o Goberno galego ten actualmente en marcha para apoiar os traballadores e as traballadoras por conta propia | |
| Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315f2, do 16.01.2026 |
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente