A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de marzo de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 49978 (12/PNC-003885)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación co seu anuncio de catalogación da anguía como especie de máxima protección
BOPG n.º 337f1, do 20.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:
1.- Paralizar calquera iniciativa de catalogación estatal da anguía en categoríasde máxima protección ata avaliar de forma obxectiva e diferenciada os resultados dos plans autonómicos de xestión existentes.
2.- Recoñecer expresamente o papel das comunidades autónomas que desenvolveron modelos eficaces de xestión sostible, incorporando os seus datos científicos e experiencia no proceso de toma de decisións.
3.- Garantir que calquera decisión futura se base en análises científicas diferenciadas por concas hidrográficas, evitando decisións xeneralistas que non responden á realidade biolóxica de cada territorio.
4.- Priorizar a loita contra o furtivismo e o tráfico ilegal internacional como principal eixo de recuperación da especie.
5.- Avaliar previamente o impacto socioeconómico de calquera medida restritiva sobre as comunidades locais que dependen deta actividade tradicional."
- 50450 (12/PNC-003934)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación co peche de Marrocos á exportación de sardiña e coa defensa do sector conserveiro galego relacionado con esta especie
BOPG n.º 337f1, do 20.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:
1.- Iniciar de maneira inmediata xestións diplomáticas co Goberno do Reino de Marrocos para solicitar a paralización da prohibición de exportación de sardiña e o restablecemento normal dos fluxos comerciais cara á Unión Europea.
2.- Esixir o respecto e cumprimento do Acordo de Asociación entre a Unión Europea e Marrocos, evitando decisións unilaterais que prexudiquen gravemente a sectores produtivos europeos e, en particular, á industria conserveira galega.
3.- Trasladar esta problemática á Comisión Europea, có fin de que adopte as medidas necesarias para defender os intereses do sector transformador e garantir o cumprimento dos acordos internacionais vixentes.
4.- Informar das xestións realizadas tanto á Xunta de Galicia como ao sector conserveiro, informando das xestións realizadas e coordinando posibles medidas de apoio en caso de persistir a situación."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 49350 (12/PNC-003831)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Insua Lema, Óscar e Pérez Fernández, Rosana
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que axilice os trámites para que as mariscadoras de Camariñas poidan acceder ás axudas por cesamento da actividade
BOPG n.º 332f2, do 11.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a axilizar e aprobar definitivamente a modificación do plan de xestión para moluscos bivalvos (PE403 A 2023/17-1) solicitado pola confraría de Camariñas e comezar a elaborar de forma inmediata un plan global de viabilidade deste plan."