saltar ao contido

O Parlamento de Galicia secunda a campaña La Hora do Planeta contra o cambio climático

​​

O Parlamento secunda a campaña A Hora do Planeta contra o cambio climático

 

  • A sede do Lexislativo galego apagará todas as luces este sábado 28 de marzo durante unha hora, de 20:30 a 21:30 h.

 

  • O Parlamento de Galicia dispón dunha estratexia propia de

     aforro enerxético e de minimización de residuos

     

 

Santiago, 27 de marzo de 2026. O Parlamento de Galicia, apagará este sábado, 28 de marzo, todas as luces dende as 20:30 ata as 21:30 horas, para secundar a campaña A Hora do Planeta contra o cambio climático, que promove a organización medioambiental WWF.

 

Con motivo do vixésimo aniversario da campaña, a sede do Lexislativo súmase un ano máis a esta iniciativa, que comezou en 2007 en Sydney. Cada ano, implícanse institucións de máis de 200 países co xesto simbólico de apagar as luces, durante unha hora, nos principais edificios e monumentos.

 

Alén deste xesto, e dentro do seu propio compromiso coa sustentabilidade e co medio ambiente, o Parlamento ten deseñada unha estratexia propia de aforro enerxético e de minimización na xeración de residuos. Un exemplo é a iluminación do edifico con tecnoloxía LED.

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina