saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do 8 de abril de 2026

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 8 de abril de 2026, ás 10.00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 31 de marzo de 2026, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

 

Punto único.  Debate anual sobre política xeral: Comparecencia do Sr. presidente da Xunta de Galicia, para informar e debater respecto da situación política da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 54101, 12/DEBA-000002)​

 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2026

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina