saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 7 de abril de 2026

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 7 de abril de 2026, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 26231 (12/PNC-002440)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis

Sobre as accións que debe levar adiante a Xunta de Galicia en relación coa especialidade de radiofísica hospitalaria

BOPG n.º 206f1, do 04.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1.-  Promover, no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, a revisión e redimensionamento  do  Programa  Oficial  da  especialidade  de  Radiofísica Hospitalaria,  coa  finalidade  de  adaptalo  á  realidade  tecnolóxica,  científica  e normativa  actual,  incrementando  a  duración  da  residencia  a  catro  anos  e  actualizando os contidos formativos.

 

2.- Instar  ao  Goberno  do  Estado,  no  ámbito  das  súas  competencias  e  en colaboración  coa  Comisión  Nacional  da  especialidade  de  Radiofísica Hospitalaria, cos colexios profesionais e coas sociedades científicas implicadas, a  revisar  e  actualizar  as  titulacións  universitarias  de  acceso  á  especialidade,  garantindo  a  súa  adecuación  ao  nivel  formativo  esixido  e  aos  estándares  europeos.

 

3.- Fomentar programas de formación continua e actualización científica accesibles para os profesionais da Radiofísica Hospitalaria no sistema sanitario galego, co  fin de garantir a súa capacitación fronte aos continuos avances tecnolóxicos."​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina