Julio Torrado Quintela toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia
Santiago, 8 de abril de 2026.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Julio Torrado Quintela como deputado do Grupo Parlamentario Socialista. O novo deputado da circunscripción de Pontevedra substitúe no seu escano a Elena Espinosa
Julio Torrado Quintela (Vilagarcía de Arousa, 1982) é doutor en Psicoloxía social pola USC, área na que se vinculou academicamente como docente e investigador, e na que segue a colaborar tendo docencia ata xaneiro de 2026. Foi tamén docente na Universidade Lusófona do Porto, na Universidade Pontificia de Ecuador e na Universidade Internacional de La Rioja – UNIR.
Adicou parte da súa labor académica e profesional á psicoloxía do deporte, ámbito do que é autor e coautor de numerosas publicacións nacionais e internacionais e no que participou na formación de deportistas e adestradores en diferentes federacións e clubs. Foi presidente da Asociación Galega de Psicoloxía do Deporte.
No eido político, foi deputado do Parlamento de Galicia nas lexislaturas X e XI (2016 – 2023).
Saúdos, Gabinete de Comunicación