saltar ao contido

Julio Ernesto Abalde Alonso

Nacemento: Vigo - 1956

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña

Biografía:

Dende 2011 é catedrático de universidade da área de Microbioloxía na Facultade de Ciencias da Coruña. Foi reitor da Universidade da Coruña (UDC) dende 2016 a 2024.

Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986, comeza a súa carreira docente no Colexio Universitario da Coruña en 1985. En 1986 desempeña a súa actividade docente na Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Profesor titular de Microbioloxía na USC (1988-1991) e na UDC na Facultade de Ciencias (1991-2010). No ano 2011 obtén a praza de catedrático de universidade na UDC. A súa investigación céntrase no estudo das microalgas, a produción masiva e a utilización en acuicultura, a resposta fisiolóxica á presenza de contaminantes, como metais pesados e pesticidas no medio ambiente etc. É autor de máis de 85 artigos de investigación, 61 deles publicados en revistas internacionais de referencia, 1 patente, 5 libros, 11 capítulos de libros e dirixiu 8 teses de doutoramento, cun índice h de 30. Participou en 30 proxectos de investigación competitivos, 18 como IP.

A súa actividade investigadora foi avaliada positivamente pola CNEAI ininterrompidamente desde o ano 1985, tendo recoñecidos o máximo posible de seis sexenios de investigación. En 2018 foi investido doutor honoris causa pola Universidade Estatal de Tiflis, Xeorxia.

Ademais de ser reitor da Universidade da Coruña, desempeñou diversas funcións de xestión universitaria en departamentos da Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade da Coruña.

Foi director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) (2005–2009) e vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da UDC (2012-2016). Foi presidente da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas CRUE-Xerencias (2017-2024), presidente da CIXUG e presidente de FEUGA.

Tamén desempeñou funcións de avaliación da calidade universitaria na Universidade de Estremadura, na Universidade de Granada, na ANECA e na UNIBASQ do País Vasco.

Imaxe de Julio Ernesto Abalde Alonso

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Novembro de 2024
Luns
18
10:00
Martes
19
10:00
Mércores
20
10:00

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Novembro de 2024
Luns
25
10:15

Comisión 4ª, Educación e Cultura

Novembro de 2024
Xoves
21
10:30

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Novembro de 2024
Xoves
14
10:30

Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo

Novembro de 2024
Martes
12
10:30
Martes
26
10:30

Comisión N.P. de investigación sobre a contratación pública

Novembro de 2024
Martes
26
10:00
Martes
26
13:00
saltar ao pe de páxina