26/09/2024
Santalices destaca a transcendencia do Dereito Civil Galego na autoidentificación da nosa Comunidade
Santiago, 26 de setembro de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou hoxe, durante o acto de presentación da segunda edición do libro Ilustres Xuristas Galegos, a transcendencia da Lei do Dereito Civil Galego na autoidentificación da Comunidade galega.
Na súa intervención, defendeu que á devandita norma, aprobada na Cámara autonómica a partir dunha proposta conxunta de tódolos grupos parlamentarios, podería considerarse como “a norma xurídica máis importante emanada do Parlamento de Galicia despois do Estatuto de Autonomía".
Por outra banda, o xefe do Lexislativo galego reivindicou o intenso traballo desenvolvido no Parlamento de Galicia ao longo dos seus máis de 40 anos de vida nos que se levan aprobadas máis de 484 leis. Santalices prevé que ao longo da nova lexislatura esa cifra supere o medio cento de normas emanadas “desde a máxima representación dos galegos e galegas".
Finalmente, o presidente da Cámara autonómica felicitou ao autor do libro, Carlos Lema, por esta segunda edición da súa obra e a Asociación de Xuristas Galegos en Madrid pola súa destacada labor como embaixadores de Galicia, “sobre todo no recoñecemento dos xuristas vinculados dalgún xeito a nosa terra".