saltar ao contido

Pilar Rojo reitera o seu apoio á incorporación da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco

​O Parlamento de Galicia acolle o encontro A Ribeira Sacra: Protección dunha paisaxe cultural candidata a Patrimonio Mundial, organizado polo Valedor do Pobo e a UIMP.  
<p class='clearfix'></p>

Encontros 15/06/2015

​· O Parlamento de Galicia acolle o encontro A Ribeira Sacra: Protección dunha paisaxe cultural candidata a Patrimonio Mundial, organizado polo Valedor do Pobo e a UIMP. 
 
Santiago, 15 de de xuño de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, reiterou hoxe o seu apoio á incorporación da Ribeira Sacra á Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO como valor universal excepcional. Fíxoo no acto inaugural do encontro titulado A Ribeira Sacra: Protección dunha paisaxe cultural candidata a Patrimonio Mundial, organizado polo Valedor do Pobo e a UIMP, e que desde hoxe e ata o vindeiro mércores se desenvolve na sede da Cámara galega.
 
Rojo Noguera felicitou ao Valedor do Pobo pola organización desta actividade encamiñada a reforzar a protección dunha ampla área xeográfica. Otero Pedrayo escribiu, tal e como redordou a presidenta do Parlamento, que "a Ribeira Sagrada ten unha gracia que en Europa só pode ser comparada coas terras do Rin".
 
Agregou Pilar Rojo que a Ribeira Sacra "ten riqueza artística, histórica, arquitectónica, ambiental, inmaterial, paisaxística, turística; un feixe de valores a protexer, unha chea de riquezas".
 
"Tesouros dos temos que gabarnos e que temos que protexer", engadiu a titular do Parlamento de Galicia, antes de enfatizar que o encontro organizado polo Valedor do Pobo e a UIMP permitirá mellorar o coñecemento deste conxunto de recursos, pero tamén acadar unha nova posta en valor dos mesmos ante a opinión pública.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina