Santiago, 27 de xuño de 2016.- A valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Informe Ordinario desta institución correspondente ao exercicio de 2015.
Comeza, deste xeito, a tramitación parlamentaria do Informe, que previsiblemente será cualificado pola Mesa da Cámara que se reúne esta tarde, e rematará cunha comparacencia da valedora ante o Pleno do Parlamento de Galicia.