Santiago, 31 de outubro de 2016.- Os integrantes da Mesa do Parlamento de Galicia efectuaron esta mañá un percorrido polas diferentes dependencias da Cámara, no que tiveron ocasión de saudar ao persoal aos servizo da Administración parlamentaria.
O presidente do Lexislativo galego, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou, como xa o fixera a pasada semana, na sesión constitutiva da X lexislatura, a profesionalidade e bo facer do persoal da institución, ao tempo que solicitou a súa colaboración para que a Cámara galega continúe a liderar o traballo entre os diferentes parlamentos autonómicos. Durante a visita, os integrantes da Mesa do Parlamento de Galicia estiveron acompañados polo letrado oficial maior, Xosé Antón Sarmiento.