saltar ao contido

O presidente do Parlamento expresa o seu recoñecemento ao traballo da Policía

Acto institucional 02/10/2017

• Santalices Vieira participou en Santiago no acto institucional organizado con motivo da celebración do Día da Policía
 
Santiago, 2 de outubro de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou este mediodía en Santiago no acto institucional organizado con motivo da celebración do Día da Policía, unha convocatoria que aproveitou para poñer en valor o traballo das forzas e corpos de seguridade, ás que homenaxeou e trasladou o seu recoñecemento.
 
“Valoramos o seu traballo e sentímonos orgullosos do seu traballo”, afirmou Santalices no transcurso da celebración que tivo como escenario o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
 
O presidente da Cámara subliñou tamén o elevado apoio social co que contan as forzas e corpos de seguridade. “Nos tempos máis difíciles que acabamos de vivir, e que nos tocaron a todos, os colectivos máis recoñecidos son vostedes (referíndose á Policía) e os sanitarios. Por algó será”, afirmou.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina