Santiago, 20 de outubro de 2017.- O Conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Valeriano Martínez, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2018.
De seguido, a Mesa do Parlamento de Galicia cualificou o proxecto de lei e, unha vez oída a Xunta de Portavoces, a asignou a comisión e aprobou o calendario de tramitación deste texto lexislativo.