Santiago, 25 de xullo de 2021.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou este domingo, encabezando a representación da Cámara, nos actos institucionais organizados coincidindo coa celebración do Día de Galicia.
Pola mañá, o titular do Lexislativo galego asistiu á Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, presentada pola Súa Maxestade o Rei Felipe VI.
Xa pola tarde, Santalices participou na misa en lembranza de Rosalía de Castro e na posterior Ofrenda Floral que tiveron lugar no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.
A xornada rematou co acto entrega da Medalla de Ouro de Galicia ao persoal sanitario que participa na vacinación contra a covid-19.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.