saltar ao contido

Alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo visita o Parlamento de Galicia

Colexio galego-arxentino Santiago Apostol 20/09/2022

Santiago, 20 de setembro de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía a un grupo de alumnas e alumnos da  14ª promoción do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires, que estes días participa no tradicional viaxe de estudos a Galicia antes de principiar os seus estudos universitarios.
 
O grupo está integrado por 23 estudantes e 2 profesoras. A maioría son descendentes de galegos, pero tamén hai alumnado doutras orixes.
 
Esta é a primeira visita deste tipo despois da pandemia por covid19.
 
Durante o encontro, o presidente do Parlamento explicou aos visitantes a historia e funcionamento da Cámara lexislativa galega, ao tempo que fixo referencia aos vínculos históricos, culturais e de sangue que unen a Galicia coa Arxentina.  Animounos a cultivar e afondar neses vínculos ao longo das súas vidas, con independencia dos estudos e o itinerario profesional ou persoal que desenvolvan.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina