saltar ao contido

A Federación Galega de Dano Cerebral presenta ao Parlamento unha proposta para contribuír a visibilizar a realidade dos seus asociados

Federación Galega de Dano Cerebral 11/10/2022

Santiago, 11 de outubro de 2002.- O presidente da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Luciano Fernández Pintor, e maila directora desta organización, Begoña Hermida Val, reuníronse este mediodía, co titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, para explicarlle o traballo que desenvolven e solicitar a colaboración da Cámara galega para a celebración dun acto institucional conmemorativo do Día do Dano Cerebral, o vindeiro 26 de outubro, contribuíndo así a divulgar a realidade das persoas con dano cerebral adquirido.
 
A Federación Galega de Dano Cerebral reúne, desde 2007,  a cinco asociacións galegas de dano cerebral adquirido (ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago). Contan con algo máis de 2.000 persoas socias en toda Galicia, das que 1.207 padecen dano cerebral adquirido.
 
O dano cerebral adquirido é unha lesión que se produce nas estruturas cerebrais de forma súbita en persoas que naceron sen dano ningún no cerebro. Esta lesión pode estar causada por unha enfermidade ou por un traumatismo craneoencefálico. O ictus é o causante do 78%  dos casos de dano cerebral adquirido.
 
Segundo datos de FEGADACE, calcúlase que hai mais de 35.000 persoas con dano cerebral adquirido en Galicia e 420.000 en España.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina